Temas: LGTBI

Que pasou cos represaliados do franquismo por ser homosexuais ou lesbianas?

En Marea pregunta ao Goberno central pola reparación e indemnización aos e ás represaliadas pola súa orientación sexual.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/12/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Durante o franquismo houbo miles de represaliados e moitos deles acabaron en cunetas polas súas ideas. Gran parte deles eran castigados polas súas ideas políticas, pero tamén houbo moitas e moitos que foron represaliados pola súa orientación sexual, por ser sospeitosos de ser homosexuais ou lesbianas. 

Bandeira coas cores do arco da vella, símbolo do colectivo LGTB
Bandeira coas cores do arco da vella, símbolo do colectivo LGTB

Por iso, e para que este tipo de represión tampouco sexa esquecida, a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, presentou unha batería de preguntas no Senado dirixidas ao Goberno central para coñecer a reparación e indemnización destas vítimas. E o fixo na conmemoración este 26 de decembro do día da despenalización da homosexualidade no Estado español.

“O Estado español mantén unha débeda con todas as persoas que loitaron contra a ditadura franquista e que loitaron polos dereitos sexuais e reprodutivos”, sinalou a senadora. Por iso, reclamou que haxa “verdade, xustiza e reparación tamén para as persoas LGTBI represaliadas”, coa sua realidade nas leis autonómicas de memoria histórica “que están a aprobar unha futura Lei de Vítimas estatal que garanta as indemnizacións a todas as persoas perseguidas pola ditadura e as súas familias”-

Ademais, En Marea quere coñecer como conmemora o Goberno de España este 26 de decembro como data para recordar a despenalización da homosexualidade e reivindicar a igualdade de dereitos das persoas LGTBI e se se incluirán nos próximos Orzamentos Xerais do Estado unha partida destinada a desenrolar a Lei de Memoria Histórica e reactivar as indemnizacións económicas para as persoas represaliadas durante a dictadura franquista.

Temas: LGTBI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Mango_neo

Anonimofalante, pensas que a expresión "el trabajo os hará hombres" ten algo que ver co tema que se trata? Non será mais ben que era unha expresión xenérica reivindicando o traballo e non unha alusión directa aos maricas? Ese Ché que tanto vos proe aos da seita C's podía falar do traballo en primeira persoa; pero eu o que vos vexo é que sodes uns falabarato cando se trata dese tema. En canto ao tema central disto, os perseguidos polo franquismo: QUE É O QUE TEDES QUE DICIR? Queredes "verdade, xustiza e reparación" ? Ou vides aquí a propoñer outros temas ?

3 Pufff

Nom colhem na web da triple F , a de franco, que quanto espanholeiro reaccionário e/ou homófobo hai tem que dar a murga por esta?

1 anonimo

Queres chupar do bote, por non dicir mamar, e ves a pasta ou o chiringo ameazado? Vouche dar unha idea. Como o VIH é unha patoloxía que nos novos casos afecta de xeito abrumador, a maricas, ou a homes que teñen sexo con homes, están casados, pásanlle o virus ás súas mulleres, etc. penso que te podían enchufar nun chiringo onde previr o VIH: esixindo ao Goberno que dea profilaxe preexposición como fan ata en Portugal. Xa sabes q con ela a clinica 53 de Dean St. puido reducir nun 90% os novos diagnosticos d vih entre 2015 e 2017. O chiringo pode orientarse para promulgar unha lei que evite o estigma e a serofobia, esixirlle ao goberno que dea cumprimento dunha p. vez á proposición de Cs na que se pedia q a infeccion por vih se clasifique ben, como infecto-transmisible, e non como por erro está hoxe, infecto-contaxiosa, coas portas que esa clasificacion pecha no mundo laboral, nas oposicións, etc. Pódese facer tanto no mundo real, resolvendo problemas...

2 Pufff

Estás mal da cabeça. Pide ajuda a um psiquiatra, a ver se é quem de aturar-te.

3 anonimo

Digo eu... ¿E se imos os dous á vez non fará un desconto? Hai q pensar en todo, raro en ti q ves ameazada a pasta dun chiringo inútil. Que creen o chiringo e q enchufen aos espertos de plantilla, pero tio, q fagan algo útil. Non todo vai ser hexemonía cultural. Hai q resolver problemas reais, e algunha pregunta pode ser ofensiva por instrumentalizar a un colectivo ao q non se lle resolven os seus problemas reais actuais, pero se posturea de filogay sobre xente q as pasou pu tísimas en todo o mundo --e aínda hai países q é para botarse a chorar-- pero que cria malvas.

2 anonimo

Estes non viron Enigma e non saben o que lle pasou a Alan Turing no moi democrático UK. Tampouco leron Elementos de crítica homosexual de Mario Mieli e non saben que polas mesmas datas os seus camaradas soviéticos inxectaban unha substancia aos maricas rusos. A continuación poñíanlles unha peli porno e a excitación lles provocaba vómitos e convulsións. A repetición da terapia sen dúbida evitaba a homosexualidade, pero convertía aos maricas soviéticos en seres asexuados. Tamén podían falar dos campos de concentración cubanos co cartel na porta: El trabajo os hará hombres. Tampouco leron a Castelao, que chama pederasta a Suárez Picallo por ser marica. Se se preocupasrn polos maricas vivos e a súa problemática actual en troques de facer que fan co moi mal que o pasaron os maricas mortos, moito mellor era.

1 Artur

No entiendo para qué recordar esto, Parece que estamos en la época medieval. Históricamente los homosexuales y las mujeres ya han sufrido demasiado. Es tiempo de cambios y aceptación. Ya nos creemos dioses egipcios