Gómez Noya, reto en Hawai

O pentacampión mundial renunciará as Series Mundias en distancia olímpica para centrar a preparación na longa distancia, co seus obxectivos no campionato do Mundo de Ironman en outubro e no Mundial 70.3, que xa gañou no 2014 e no 2017, en Sudáfrica.

Por gcdeportes | Pontevedra | 27/12/2017 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Pentacampión con cinco títulos no 2008, 2010, 2013, 2014 e 2015; segundo en 2007, 2009, 2012 e 2017; e terceiro no 2011. Todo un récord histórico: dez anos case consecutivos (agás no 2016, mancado) no podio das Series Mundiais de tríatlon.

Javi Gómez Noya, vitorioso na liña de meta en Tenneesse.
Javi Gómez Noya, vitorioso na liña de meta en Tenneesse. | Fonte: ironmanlive.com

No 2018, o triatleta galego Javi Gómez Noya (Basilea, 25 de marzo de 1983) buscará novos retos na longa distancia: no medio Ironman, onde xa acadou dous títulos (2014 e 2017), e sobre todo no Mundial de Kailua-Kona (Hawai) de Ironman.

“Nas Series Mundiais probablemente non competiré, porque estarei máis centrado no Mundial de medio Ironman e posiblemente no Campionato do Mundo de Ironman. Eses van ser os retos do ano que ven”, asegurou Gómez Noya en declaracións a TVG.

O Mundial 70.3 está previsto para o 2 de setembro en Sudáfrica, mentres que o mítico Ironman de Hawai será desta volta o 13 de outubro en Kailua-Kona. “Tentaremos seguir ao máximo nivel. O ano que ven será un ano máis enfocado as distancias longas, pero tamén con obxectivos moi ambiciosos”, asegura o ferrolán, que en Hawai coincidirá con outros dous galegos: o veterano Iván Raña en categoría masculina e a pontevedresa Saleta Castro na proba feminina.

O salto á distancia Ironman chega após, segundo Gómez Noya, un dos seus mellores anos. “Foi un ano moi bo en líneas xerais: un campionato do Mundo Ironman 70.3 e un subcampionato do Mundo en distancia olímpica. Sempre se poden mellorar cousas, pero foi un dos mellores anos da miña traxectoria deportiva”, sostén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta