O 112 Galicia rexistra 193 incidencias polo paso de 'Bruno'

A maior parte tivo lugar na provincia da Coruña. A caída de árbores e pólas e obxectos varios en estradas destacan como os incidentes máis repetidos en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2017 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O 112 Galicia rexistrou 193 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa polo paso da borrasca profunda 'Bruno', un cento delas na provincia da Coruña. Segundo informa o 112, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) contabilizou 193 incidentes debido á alerta laranxa decretada por fenómenos costeiros e vento, que afectou á Comunidade galega entre as 16,00 horas do martes e as 8,00 horas deste mércores.

Danos provocados polo temporal.
Danos provocados polo temporal. | Fonte: Europa Press

Por provincias, A Coruña foi a máis afectada con 101 incidentes rexistradas; seguida de Pontevedra, con 49; Lugo, con 27; e Ourense, con 16 incidentes, indica o 112. A caída de árbores e pólas, que supuxeron 110 incidencias, e obxectos varios, outros 30, en estradas destacan como os incidentes que máis se repetiron en Galicia.

PROVINCIAS

En canto aos concellos afectados, na provincia da Coruña, destaca o de Ferrol e o de Oleiros, con sete incidentes xestionados en cada un deles, seguidos do de Valdoviño e Boiro, con cinco incidencias, respectivamente.

Mentres, na provincia de Pontevedra contabilizáronse doce incidentes en Vigo e seis en Cangas do Morrazo, entre outros. Na provincia de Lugo destaca o concello de Xove con cinco incidencias rexistradas e o de Lugo, con catro. Pola súa banda, na provincia de Ourense, o 112 resalta as dúas incidencias que se rexistraron no termo municipal de Xinzo de Limia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta