Temas: PP FúTBOL

As mocidades do PP organizaron un derbi paralelo ao Depor-Celta

Recadaron 400 quilos de comida que entregaron á Cociña Económica. O seu presidente destaca a súa “vocación social”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/12/2017 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Novas Xeracións do Partido Popular entregou á Cociña Económica da Coruña os preto de 400 quilos de alimentos recadados no seu Torneo de Fútbol Solidario, organizado o pasado sábado 23 de decembro no pavillón dos Rosales na cidade da Coruña. 

Participantes no torneo de fútbol solidario de Novas Xeracións coincidente co derbi galego
Participantes no torneo de fútbol solidario de Novas Xeracións coincidente co derbi galego

A este torneo solidario, coincidente co ‘derbi’ galego, acudiron máis dun centenar de mozos e mozas procedentes de toda Galicia, pero en especial das cidades de Vigo e A Coruña. Entre eles estaban o propio presidente da formación, Adrián Pardo;  Iago Acuña, secretario  xeral de  Novas  Xeracións; Rafael  Penide, presidente de  NNXX Coruña ou Rocío Fernández, presidenta de  NNXX Vigo. 

No acto estiveron presentes tanto Miguel Tellado, secretario  xeral  do Partido Popular de Galicia coma Beatriz Mato, presidenta do PP de Coruña; que foron os encargados da entrega de premios ao campión e ao subcampión do Torneo Solidario.

“Novas Xeracións ten na solidariedade un dos seus principios rectores” ao que engadiu que “non entendemos a política sen a vocación social”, sinalou o seu presidente. Adrián Pardo suliñou que a iniciativa “é un gran de área” para recoñecer a labor da Cociña Económica, “que fai un traballo encomiable durante todo o ano e máis nestas datas”.

Temas: PP FúTBOL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cubismo

Que contentos están los enchufados del pp