Temas: LUGO FúTBOL

Lugo acolle un campionato de fútbol… pero de árbitros

Trátase do X Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7 que este ano conta con 300 inscritos, entre os que se atopan colexiados de Sevilla, Cantabria, Palencia ou Salamanca.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 27/12/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O campo do polvorín, en Lugo, acolle este sábado X Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7, un campionato deportivo para árbitros de fútbol e fútbol sala, co que colaboran o Concello e a Deputación.

Presentación do X Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7 en Lugo
Presentación do X Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7 en Lugo | Fonte: Concello de Lugo

Este torneo celébrase desde o ano 2003, coincidindo coa creación da Peña de Árbitros 9,15. Nesta edición contará coa participación de preto de 300 inscritos, entre os que se atopan colexiados de Sevilla, Cantabria, Palencia ou Salamanca. “Os fins do torneo son a irmandade e a unión dentro deste colectivo, un tanto especial dentro do fútbol, buscando ter unha visión diferente e que aporte cousas positivas, transformándose por uns intres en xogadores e adestradores”, dixo o presidente da peña, Óscar Carballo. 

A competición comezará ás 9:00 horas, coa participación de 20 equipos divididos en catro grupos, clasificándose os dous primeiro de cada grupo. A duración dos partidos será de 20 minutos a un só tempo, excepto a final que será de dous tempos de 15 minutos.

A fase de grupos celebrarase das 9:00 ata as 19:00 horas de forma ininterrompida, os cuartos de final están previstos para as 19:30 horas, as semifinais ás 20:30 horas e a final ás 21:00 horas. Ao remate da competición procederase á entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados, acto que terá lugar no propio campo municipal do Polvorín, sobre as 21:30 horas. Para rematar, celebrarase unha cea gala, onde se fará entrega de detalles a todos os participantes.

Temas: LUGO FúTBOL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 DdhH

Si tan buenas son en su trabajo, que cambien de empresas que están perdiendo dinero porque hablan como si su trabajo valiese un fortunón.

1 Manuel..

Nótase ben que estamos en época electoral. Saleu a morralla do burato e ponse a ornear como o burros que son.