Temas: AFOUTEZA RAG

Afouteza é a Palabra do Ano 2017

Foi o termo máis buscado do dicionario da RAG durante meses e superou en votos, co 48 % de apoios, a independencia, sapoconcho, eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero e velutina.

Por Galicia Confidencial | | 27/12/2017 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Afouteza é a palabra deste 2017. Un digno posto que conseguiu cun 48 por cento dos votos; 3.004 persoas das 6.228 que participaron na elección promovida polo Portal das Palabras, o proxecto web para a modernización e divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. O termo gañador impúxose aos outros sete finalistas. Independencia foi a seguinte palabra en número de votos, con 939, e sapoconcho, a terceira, con 830. Eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero e velutina completan, por esta orde, a táboa de posicións finais.

Afouteza é a palabra do ano 2017
Afouteza é a palabra do ano 2017

Nas tres edicións anteriores, as gañadoras foron irmandade (2016), refuxiados/as (2015) e corrupción (2014). A esta listaxe súmase agora afouteza, cuxo éxito foi cociñándose ao longo de todo 2017, xa que durante varios meses liderou a listaxe de palabras máis buscadas no Dicionario da RAG. Os medios de comunicación recolleron este dato, dando conta de que o interese por unha voz non moi frecuente na fala coloquial era debido á campaña do Celta de Vigo, que ten por lema: “Ensinémoslle ao mundo o significado da afouteza”, baseado nun verso do propio himno do club. 

“En definitiva, afouteza conquistou neste ano que remata unha vida nova nun partido en que gaña a lingua: saltou do campo de fútbol á rúa, da rúa aos medios e tamén se introduciu en textos de diferente tipo, espertando a curiosidade de quen non a coñecía e pasou a incorporala ao seu tesouro léxico persoal”, apuntou a RAG nun comunicado. De feito, a palabra, cun sólido fundamento histórico, foi nestes últimos meses gañando posicións no espazo da fala e o léxico vivo.

A ORIXE

Afouteza vén definida no Dicionario en dúas acepcións: pode referirse á disposición de quen actúa sen temor ás dificultades ou perigos ou á seguridade que unha persoa demostra en si mesma.  A orixe de afouteza atópase nun verbo latino, favere, que tiña por significado “favorecer ou “protexer”, e que os romanos usaban en principio no ámbito relixioso para se referiren aos favores e á benevolencia dos deuses cos mortais. 

De favere e do seu supino fautum chegouse en romance a fouto e fouta, as formas primitivas do adxectivo. Logo na fala engadiuse unha vogal inicial de reforzo, e de aí afouto e afouta, é dicir, a persoa que “ten ou amosa afouteza”. Completan a familia léxica o adverbio afoutamente e mais o verbo afoutar (que pode ser tamén pronominal, afoutarse), cando lle damos ánimos ou valor a alguén para realizar algo ou encetar unha empresa.

Afouteza está na lingua practicamente desde os inicios, como indica a súa presenza en documentos do século XIV.  Tamén aparece en textos literarios e particularmente nos medios de comunicación, desde O Tío Marcos da Portela, pasando por A Monteira, a revista Nós e A Nosa Terra do comezo do XX, entre outras. Neste espazo comunicativo, volve brillar na segunda decena do século XXI.

Temas: AFOUTEZA RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Taberniense

Porque claro está los argumentos para crear Tabarnia también se pueden usar aquí y en el resto de España... A que si ¿Nostrus?

2 Tristura

Deberiamos empezar a reflexionar e a ter en conta a necesidade de non crear máis divisións. Se algún galego que reside en Cataluña me está lendo, por favor, que o pense... Vedes o que están xa a defender co de Tabarnia? Que tristeza

1 Tabarniense

¡Qué felices seremos el día en que se cree, VigoCoñuñarnía (como Tabarnia), y ya no tengamos nada que saber de esa lengua que no habla nadie más que los de aldea y los del bloque. ¡Que nos interesa a nosotros el gallego!

1 Pondaliao

o mesmo que a ti unha cona, eunuco mental!

2 Tabarniense

Lo que tu quieras, pero ya hablaremos después de las elecciones: si hasta Azna lo ve: https://www.elespanol.com/espana/po... Y con una izquierda dividida y un nacionalismo que no va a crecer más... Ja, ja, ja... A ver quien rie último, majete. Afouteza vos vai facer falta a vós.

3 Xanti

Claro que si, eses dous sitios nos que non goberna o nacionalismo. Oh wait!!!!!

4 Un de paso

Pois para non interesarche o galego ben que te moves por medios escritos en galego. Mimadriña como lles chove a algúns...

5 Con_afouteza

Pero Tabarniense ¿Piensas que por independizarte de "los de aldea y los del bloque", dejarás de ser un cateto ignorante ?. Lee lo que escribes.