Temas: LOBO

A Xunta só deixa seis horas para xustificar axudas a gandeiros por danos do lobo

Beealia critica as dificultades que Medio Rural impón aos afectados por ataques destes animais para poder cobrar.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 27/12/2017 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

“Onte, 26 de decembro, ás 10:10 da mañá chámanos unha gandeira que decidiu tramitar as axudas para a prevención de ataques de lobo a través Beealia. Ás 10:00 pasou o carteiro para entregarlle unha carta certificada. Nesa carta aprobábaselle unha axuda por 1.400 euros para mercar dous pastores con placa solar e 8 mallas electrificadas para protexer o seu gando. Ata aquí todo ben, pero o prazo para xustificar dita axuda (tal como se ve na imaxe) remataba o mesmo día 26 de decembro. Tendo en conta que vive no rural, onde os únicos rexistros públicos aos que pode acceder son o da Oficina Comarcal Agraria e o do Concello, ámbolos dous rematan o seu horario ás 14:00, so lle quedaron 6 horas para xustificar o investimento”. Este é parte da queixa que o grupo Beealia, integrante de O-Xan, fixo no GC Aberto, a sección do GC aberta á opinión de entidades e particulares.

Poldro devorado polos lobos en xuño nos Ancares
Poldro devorado polos lobos en xuño nos Ancares | Fonte: GC

Temas: LOBO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eufunaegb

De 10:00 a 14:00 van 4 horas , non 6