Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela acollerán o musical “Campanilla. El origen”

É unha produción protagonizada polos personaxes do clásico de James Matthew Barrie, Peter Pan e Campaiña.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 28/12/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Afundación acollerá nas cidades de Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela a representación do musical Campanilla. El origen, unha produción protagonizada polos personaxes do clásico de James Matthew Barrie, Peter Pan, que desvela historias que nunca contou o autor no conto como a procedencia de Peter Pan e Campaiña, como se coñeceron, que lles ocorreu para que Campaniña manteña unha relación de amor-odio cara a Peter Pan ou por que el se chama desa forma. 

Imaxe de 'Campanilla. El origen'
Imaxe de 'Campanilla. El origen'

O resultado é unha produción para toda a familia chea de sensibilidade, na que se reivindica a lectura e que fala da importancia da perseveranza á hora de perseguir un soño, da amizade, do respecto cara aos demais e de compartir.

A obra sairá á escena o martes 2 de xaneiro no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra, o mércores 3 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo e o xoves 4 no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. Todas estas funcións están programadas para as 17.30 h e as entradas pódense adquirir na web Ataquilla. com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta