Fito y Fitipaldis, Shakira e Ringo Starr actuarán en 2018 no Coliseum da Coruña

Fito y Fitipaldis, Shakira, Ringo Starr, Pablo Alborán e Vetusta Morla son algunhas das actuacións programadas en 2018 no Coliseum da Coruña, segundo informou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, no avance da programación do próximo ano.

A CORUÑA | 27/12/2017 | Actualizada ás 19:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Fito y Fitipaldis, Shakira, Ringo Starr, Pablo Alborán e Vetusta Morla son algunhas das actuacións programadas en 2018 no Coliseum da Coruña, segundo informou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, no avance da programación do próximo ano.

Coliseum 2018
Coliseum 2018 | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa, o edil explicou que o recinto superou neste ano os 97.000 asistentes aos eventos programados, cunha media de mais de 5.000 nos espectáculos de pago. Por iso, considerou que pode falarse xa "dunha crecente especialización do espazo con eventos máis específicos e de maior impacto".

En canto á axenda de 2018, explicou que se abrirá o 24 de marzo con Fito y Fitipaldis na súa xira de 20 aniversario, un concerto para o que xa están vendidas todas as localidades. O 12 de maio actuarán Vetusta Morla, que vendeu xa case 4.000 entradas, case o 50% do aforamento de venda.

Pablo Alborán actuará o 22 de xuño e Ringo Starr, o día 29 dese mes. O 1 de xullo actuará Shakira, trala suspensión da súa actuación este ano por motivos de saúde. Xa no outono, Dani Martín volverá ao Coliseum, en concreto o 27 de outubro. A estes eventos, sumaranse novos espectáculos musicais e propostas dirixidas ao público familiar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta