Temas: APALPADOR

Un artigo que compara o Apalpador co “home do saco” acende as redes sociais

O xornal El Español compara ao vello carboeiro co Papa Noël para suliñar que, se os nenos non están avisados, terían medo del.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/12/2017 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

“El gigante que toca a los niños gallegos, lo último en bizarrismo navideño”. Así se titula un artigo publicado no xornal El Español que se viralizou e acendeu as redes sociais en Galicia ao comparar ao Apalpador cun “home do saco” que causa medo aos nenos.

Imaxe do Apalpador
Imaxe do Apalpador

“Si un gigante pelirrojo y muy peludo entrase en mitad de la noche a tocarte la barriga, ¿serías capaz de no salir corriendo despavorido? Pues a esto es a lo que se enfrentan los niños gallegos cada Navidad: llega O Apalpador”, comeza a nova publicada na sección En la jungla deste xornal.

“En la noche del 24 de diciembre millones de niños se acuestan en todo el mundo deseando despertarse con un regalo bajo el árbol. En su mayoría, confían en que un entrañable viejete barrigudo, de larga barba blanca y traje encarnado llegue a lomos de un trineo tirado por renos de narices rojas y sea el artífice del milagro”, di sobre o Papa Noël, unha invención da Coca-Cola para vender o seu mítico refresco.

“Pero no en Galicia. Allí los pequeños se debaten entre el miedo y la ilusión ante la llegada de O Apalpador, un gigante, de profesión carbonero, que empleará toda la Nochebuena en recorrer los hogares gallegos para tocarles, palparles, la barriga y saber si están bien alimentados o no”, engade. “Imaginaos la escena: estás plácidamente durmiendo después de la típica cenar familiar que se alarga, ilusionado para ver si Papá Noel se enrolla y te trae el coche teledirigido y, de repente, notas que alguien te está apretando el estómago. Abres los ojos y ves en tu habitación a un pelirrojo enorme y peludo que aún encima viene a cuestionar si has comido bien. Para infartar”, apunta.

Aínda que logo a autora da información tente describir que a figura do Apalpador xa se popularizou no Nadal galego, o certo é que foron moitos os comentarios nas redes sociais que criticaron durante a descripción feita desta perxonaxe pola “banalización” da mesma.

Temas: APALPADOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

17 Corrector

Ese titular... "Un artigo que compara o Apalpador", non "ao Apalpador" nin "ó Apalpador". Complemento directo, por regra xeral, non vai seguido de preposición "a" en galego. Un erro habitual nalgúns artigos de GC, talvez por influencia do español. É un deses erros que tedes que corrixir algúns xornalistas. Por exemplo, é habitual ler cousas do estilo "o xuíz absolve ao acusado..." cando o correcto é "o xuíz absolve o acusado...", etc, etc. Forma correcta: Vexo o can desde o meu xardín. Forma incorrecta: Vexo ao can desde o meu xardín. Hai que deixar de traducir do español mentalmente e fixarse máis se é ou non é complemento directo para non cometer tanto o erro do "ao". Polo demais, parabéns e grazas por facer un xornalismo distinto e independente.

1 Galicia Confidencial

Tes razón. Desculpa. Tentaremos poñer máis ollo pero, ás veces, os malos costumes é o que teñen. Graciñas

16 Ata os eggs

Non entendo eu porque a diferenza entre ser máis ou menos galego é que che guste o samaín ou jalogüín, o apalpador ou papanoel, e outras cousas varias,... cando aquí non se celebraba o samaín ata que se comezou a celebrar o jalogüín, non se falaba do apalpador ata que se xeralizou o papanoel..... Para min son auténticas chorradas ambas froito unhas do consumismo e outras do nacionalismo anti todo. Cando eramos pequenos había os "reices" e punto, e iso se che traían algo, e ninguén falaba de se eras máis ou menos galego. Pesaos que sodes todes con tanto querer ser maís... español, galego.... e no fondo sodes máis... papanatas.

1 Castiza

Cando ti eras pequeno todo era perfecto....en buscar argumentos pouco tempo pasades.

15 Anti...

O que fala de na zis non aturaria unha laba zada miña os que falan do apalpador como pederasta é que iles se ollan a si mesmo coma os cocacolos, santa clauss ou san nicolas e os reis magos pederas tas por excelencia ademáis de inexistentes.

14 Echokai

Castilla miserable, ayer dominadora, envuelta en sus harapos desprecia cuanto ignora.

13 Finezza

Non lles entredes ao trapo, agás que por exemplo banalicen o nazismo coma acaba de facer un. Con todas estas tabarradas varias só queren que non se fale do que toda Europa sabe: http://www.dw.com/es/catalu%C3%B1a-... Que queredes darlles máis visitas e que se rían de nós inmpunemente? Por certo, por que non vos facedes eco nesta web desta nova: http://www.sermosgaliza.gal/articul...