A Confederación Miño-Sil abre dilixencias polos verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O grupo ecoloxista Adenco pide que se depuren responsabilidades.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 28/12/2017 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abriu dous expedientes de investigación polos verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea. Estas actuacións veñen derivadas das diferentes denuncias realizadas polo colectivo ecoloxista Adenco nas últimas semanas en relación con verquidos ao río Tea de augas sen depurar.

Unha depuradora verque resíduos ao río Tea
Unha depuradora verque resíduos ao río Tea | Fonte: ADENCO

O grupo ecoloxista, que ten coñecemento de que estes verquidos se teñen producido desde o mes de setembro, esixe ás autoridades competentes que se solucionen e se depuren responsabilidades. 

Novas denuncias e novas actuacións

Adenco ten denunciado esta semana pasada un novo verquido. “A gravidade dos feitos que se están a producir no espazo protexido está sendo comunicado a diferentes estamentos administrativos e agárdanse novidades nas vindeiras semanas”, denuncia nun comunicado.

O río Tea, espazo natural de importancia comunitaria e incluído polos seus excepcionais valores dentro da Rede Natura 2000 e ten sufrido varias agresións nos últimos anos. Esta entidade denunciou xa talas sen control, verquidos industriais ou fecais, construcións agresivas nas beiras como as sendas fluviais ou a destrución de elementos patrimoniais á beira do Tea. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta