Diosdado Cabello afirma que Venezuela está disposta a nacionalizar Banesco, propiedade do máximo accionista de Abanca

O vicepresidente do Partido Socialista Unido de Venezuela (Psuv), Diosdado Cabello, asegurou que o Executivo está disposto a nacionalizar Banesco, propiedade do máximo accionista de Abanca, Juan Carlos Escotet, segundo declaracións ofrecidas nun programa de televisión, onde tamén solicitou que se investigue á entidade sobre a suposta implicación no contrabando de billetes desde a fronteira con Colombia.

CARACAS | 28/12/2017 | Actualizada ás 16:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente do Partido Socialista Unido de Venezuela (Psuv), Diosdado Cabello, asegurou que o Executivo está disposto a nacionalizar Banesco, propiedade do máximo accionista de Abanca, Juan Carlos Escotet, segundo declaracións ofrecidas nun programa de televisión, onde tamén solicitou que se investigue á entidade sobre a suposta implicación no contrabando de billetes desde a fronteira con Colombia.

"Escotet di que o resto de accións de Banesco, o 97,66%, valen ao redor de 413.000 millóns de bolívares. Ao cambio do dólar (...) son 3.445.463 dólares (2.884.421 euros). Barato, verdade? Podemos comprarllo", asegurou Cabello. "Ímoscho a comprar ao prezo ao que ti querías comprar a participación do Estado", aseverou.

Esta advertencia chega despois de que Escotet ofrecese ao Goberno de Venezuela comprar o 2,34% das accións que posúe de Banesco por 387 millóns de bolívares ou 3.225 dólares (2.700 euros), polo que Cabello asegura que, entón, o resto das accións valen eses 3,4 millóns de dólares (2,8 millóns de euros). "Comenteillo ao presidente e está disposto a comprar o banco a este prezo (...) Onde o depositamos?", indicou.

Así mesmo, Cabello criticou a ampliación de capital que está prevista realizarse sobre o banco, xa que, ao seu xuízo, está destinada a "quitarlle as accións ao Estado".

En 2012, Banco Etcheverría, con sede na provincia da Coruña, aprobou unha ampliación de capital á vez que acordou co banco venezolano Banesco adquirir o 44,5% que Novagalicia (NCG) tiña na entidade galega, alianza que permitiría á entidade venezolana entrar no mercado español.

Un ano máis tarde, o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) adxudicaba o 88,33% do capital de NCG a Banesco. Completada esta compra, Banesco lanzou un novo banco baixo o nome de Abanca. No primeiro consello de administración foron nomeados o presidente, Javier Etcheverría; o vicepresidente, Juan Carlos Escotet, e o conselleiro delegado, Francisco Botas.

A "creación do novo banco", segundo apuntou entón Banesco, foi "impulsada e coordinada" por Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco Grupo Internacional.

Escotet, madrileño nado en 1959, comezou a súa carreira en 1976 en Banco Unión (Venezuela). En 1986 fundou Escotet Casa de Bolsa, que daría orixe en 1991 a Banesco Banco Universal. A partir de 1992 dirixiu a expansión internacional da entidade, coa fundación de Banesco Internacional Panamá e Banesco Internacional Corp. (Porto Rico).

Actualmente é presidente da Xunta Directiva de Banesco Banco Universal e de Banesco Holding, ademais de director principal en Banesco Seguros Panamá, Banesco S.A. (Panamá), Banesco Banco Múltiple (República Dominicana) e Banesco USA (Miami). Tamén exerce como asesor de Advisory Council de VISA Internacional para América Latina e o Caribe e foi conselleiro de Banco Etcheverría (España) desde decembro de 2012 até a súa absorción por NCG Banco.

En xuño de 2014 foi nomeado vicepresidente do Consello de Administración de NCG Banco, S.A. (actualmente Abanca Corporación Bancaria), mentres que desde xuño de 2017 até a actualidade é presidente do consello de administración de Abanca Corporación Bancaria (Echeverría anunciou a súa marcha e foi designado presidente de honra).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Se Maduro nacionaliza Banesco, Paco Rodríguez terá por fin a súa tan soñada Banca Pública Galega (?) Internacionalismo Nacionalista (?)

1 Buceta

A túa obsesión con Paco é enfermiza. Seguro que ti tamén 'entendes'? Un biquiño no cu para a túa amiga Goliria Lago!

2 Gamela

Obsesión ningunha! De se producir a nacionalización de Abanca Paco botaría foguetes! http://www.galiciaconfidencial.com/... (o bico mellor dallo tí)