Admitida a trámite a demanda do Concello de Santiago contra Franco polas figuras do Mestre Mateo

O Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid admitiu a trámite a demanda civil do Concello de Santiago contra Carmen Franco para esixir a devolución das figuras de Abraham e Isaac, obras do Mestre Mateo que están en posesión da herdeira do ditador.

Por E.P. | Compostela | 28/12/2017 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid admitiu a trámite a demanda civil polo Concello de Santiago contra Carmen Franco para esixir a devolución das figuras de Abraham e Isaac, obras do Mestre Mateo que están en posesión da herdeira do ditador.

As esculturas de Abraham e Isaac adquiridas polo Concello agora en mans da familia Franco.
As esculturas de Abraham e Isaac adquiridas polo Concello agora en mans da familia Franco.

Segundo informou o Concello de Santiago, no escrito, o xuíz empraza á demandada a contestar nun prazo de 20 días hábiles sobre a situación das figuras, cuxa titularidade documentou o Consistorio compostelán. Contra a resolución cabe recurso de reposición no prazo de cinco días, pero a súa interposición non terá efectos suspensivos.

Na demanda, presentada o pasado mes de novembro, o Concello de Santiago incorporaba toda a documentación que "demostra" que é o "lexítimo propietario" das dúas pezas, adquiridas ao Conde de Ximonde en 1948.

Ademais, explica o Concello, nela argumentábase que as pezas forman parte do patrimonio público e, por tanto, "non poden ser cedidas nin regaladas, nin ha lugar para a prescrición que podería alegar a familia Franco para quedar coas figuras" do Mestre Mateo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta