A Xunta defende a vía do "diálogo" para que a situación de Maderas Iglesias teña o "menor impacto posible"

A Xunta de Galicia defendeu a vía do "diálogo" como a "mellor fórmula" para que o conflito entre traballadores e a dirección da empresa Maderas Iglesias teña "o menor impacto posible".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2017 | Actualizada ás 18:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia defendeu a vía do "diálogo" como a "mellor fórmula" para que o conflito entre traballadores e a dirección da empresa Maderas Iglesias teña "o menor impacto posible".

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director do Igape, Juan Cividanes, reuníronse este xoves en Santiago co presidente e responsables do comité de empresa de Maderas Iglesias para coñecer de primeira man a situación e as demandas dos empregados.

No encontro, os representantes do Goberno galego trasladáronlle aos traballadores o apoio da Administración autonómica e puxeron á súa disposición a mediación a través do Consello Galego de Relacións Laborais, co obxectivo de que as negociacións avances, esperando unha solución canto antes.

Así mesmo, a Administración autonómica comprometeuse a seguir ao detalle a situación dos traballadores para garantir un correcto desenvolvemento do procedemento e reiterou o respaldo da Xunta aos empregados.

POSTURA DA CIG

Pola súa banda, nun comunicado remitido aos medios, a CIG denunciou que o Igape só recibiu a sete representantes do comité e non permitiu que participarán na reunión nin alcaldes, nin asesores das organizacións sindicais.

Respecto diso, o sindicalista Xulio Vicente denunciou os "malos modos" cos que foron tratados e lamentou non poder obter a información que pretendían no Igape. "O único compromiso que se lles trasladou aos representantes do comité é que van fiscalizar a actuación da empresa para que esta cumpra coa lei", indicou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta