Temas: CATALUñA BNG

O BNG podería concorrer conxuntamente con ERC nas eleccións europeas do 2019

"Pídoche que vos poñades en contacto cos nosos compañeiros Jordi Solé e Joan Tardá para concretar espazos de colaboración", dílle Junqueras a Ana Pontón nunha misiva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2017 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O líder de Esquerra Republicana (ERC), Oriol Junqueras, trasladou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a súa vontade de que as súas respectivas organizacións políticas concreten espazos de colaboración de cara a os compromisos electorais futuros, como sería o caso dos comicios europeos de 2019.

Extracto de la carta enviada por Oriol Junqueras a Ana Pontón
Extracto de la carta enviada por Oriol Junqueras a Ana Pontón | Fonte: Europa Press

Ana Pontón publicou este xoves a través do seu perfil da rede social 'Facebook' unha carta de Junqueras na que lle responde a unha misiva enviada pola líder nacionalista galega, á que lle agradece a súa "amabilidade".

No texto, o dirixente de ERC encarcerado na prisión de Estremera mostra o seu agradecemento ao BNG pola súa "predisposición" para axudar a ERC. "Pídoche que vos poñades en contacto cos nosos compañeiros Jordi Solé e Joan Tardá para concretar espazos de colaboración, tanto no presente, como en relación aos compromisos electorais futuros", indica.

Ademais, cualifica de "magníficos" os resultados electorais alcanzados pola súa formación nos pasados comicios cataláns del 21 de decembro. "Para ERC son os mellores resultados das últimas décadas", considera Junqueras que fai referencia a las "dificultades xigantescas" que se enfrontaron.

Oriol Junqueras, líder de ERC
Oriol Junqueras, líder de ERC
Temas: CATALUñA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

1 GALEUZCA SI EXPAÑA NON!!!

entonces a marea que vai ir con podreiros coa unidade de expaña!!! votar por expaña e darlle un futuro negro a Galiza- -Vieiras xa foron denunciados diante das CUP, xa foron denunciados diante do pobo catalán, xa forn denunciados en carta e-mail diante do gran presidente puchdemont, non podedes engañar a ninguen, nin os Bascos tampouco!!!! o saben batasuna e pnv a casta de esperpento que sodes, o único que os queda e a política caciquil de marea de alcaldismo fácil, sabemos dos intentos de -Vieiras por facerse alcalde pedanio de reborainas de atribuirse seica o xulgado de paz, os terroríficos abusos de 23 votos obrigados, de 4 persoas desaparecidas, de unha familia de vellos escapada, sabemos da aplicación do 156 nas reborainas, sabemos do medo da xente, sabemos o que esta pasando AS NOSAS CONDOLONCIAS PARA OS SOFRIDORES HABITANTES DO DUCADO E PRONTO TENDRA NOVAS DA LIBERACION, NON SE DEIXEN DOBRAR POLO LATEGO!!!!

1 LKI

Ai Gonzalito, normal que un tolomancio coma vostede sexa tan fanático do BeNeGá. O mesmo pactades cos Ciudadanos de las JONS en Lugo ou Pontevedra, que pactades coa Esquerra nas europeas. Vaia esquizofrenia a vosa.