Gloria Lago levará a Barcelona a súa iniciativa de recoller firmas para “Hablemos Español”

A impulsora de Galicia Bilingüe supervisará a campaña para que “ningún hispanohablante sea discriminado en Cataluña nin en ningún lugar de España".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 29/12/2017 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

500.000 firmas. Ese é o obxectivo da iniciativa posta en marcha por Gloria Lago, a líder de Galicia Bilingüe, que agora deu o salto ao Estado a través da asociación “Hablemos Español”. O seu obxectivo é que “ningún hispanohablante sea discriminado en Cataluña nin en ningún lugar de España". Despois de facer unha primeira parada en Madrid, o pasado 8 de decembro, a súa caravana lingüística vai a Barcelona. 

Integrantes de Hablamos Español presentando unha iniciativa de libertad lingüística no Congreso. Entre eles, Gloria Lago
Integrantes de Hablamos Español presentando unha iniciativa de libertad lingüística no Congreso. Entre eles, Gloria Lago | Fonte: Hablamos Español

En Madrid, do medio millón de firmas que buscan, recolleron 30.000. En Barcelona agardan que sexa un numero superior e, por iso, ata alí se desplazará a propia Lago para supervisar a campaña. Con ela colaborarán voluntarios cataláns que se inscribiron como fedatarios para recoller firmas. 

Tamén haberá representantes das entidades catalás que colaboran con 'Hablemos Español' e comparten os obxectivos da campaña: Societat Civil Catalá, Asociación pola Tolerancia, Impulso Cidudadano, Asamblea por unha Escuela Bilingüe, D'Espanya i Catalans, Periodistas Pi i Margall, Somatemps, Centro Libre de Arte y Cultura, Concordia Cívica, Profesores por el Bilingüismo,  Españoles del montón e o sindicato AMES.

"EXTENDER EL PROXECTO EN TODAS LAS ESQUINAS"

O obxectivo de Gloria Lago é "extender el proxecto a todas las esquinas de España", pois se trata, ao seu xuízo, de "un problema de derechos civiles, con grandes implicaciones afectivas, y que afecta a la educación de los hijos, a la libertad y a nuestro país".

Foi o pasado mes de outubro cando a Mesa do Congreso dos Deputados admitiu que a proposta de Ley de Liberdad de Elección Lingüística sexa tramitada como Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Con iso, 'Hablamos Español' dispón de sete meses para reunir as 500.000 firmas certificadas necesarias para que a lei sexa debatida e, no seu caso, aprobada no Congreso.

Esta iniciativa impulsada por Lago busca garantir que todos os nenos de España poderán estudar en español, se así o desexan, e que os hispanohablantes de todas as comunidades autónomas teñan os mesmos dereitos lingüísticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 Intabernaquandosumus

http://www.eldiario.es/zonacritica/... Cómpre que diante disto as forzas progresistas se reorganicen e digan claramente que Cataluña só deixará de ser independentista cando esta cuestión se trate, por todos os implicados, coma a de Escocia. Que digan que buscar votos a conta de crear fendas é malo para todos. Cómpre parar a catalanofobia xa e aí todos podemos facer algo aínda que só sexa coma consumidores. Pero hai que ir máis alá e facer pedagoxía: simplemente España precisa a Cataluña, pero non podemos tratalos así se queremos que se queden. Cantos votos independentistas pensades que conseguiron coa famosa Tabarnia e outras campañas? Moitos e en contra do que vos din medrarán: http://www.eldiario.es/politica/rev... Se non tendemos pontes...

1 Jimena deRianjo

https://www.elnacional.cat/es/polit...

1 Cinismo

Y el corte ingles se negó a responder a u gallego hablante en gallego y no te veo protestar ximenaderianxo

2 urco

A nova de "elnacional.cat" pom em evidência a estultícia dos denunciantes catalonófobos. Empregá-la pra sosterem a tese contrária di muito do nível de ridículo que som quem de asumirem os supremacistas espanhóis castelhanistas.