Son cinco as persoas falecidas con gripe en Galicia nesta campaña, fronte ás 136 da campaña anterior

Algúns servizos de urxencia rexistrarons colapsos pero non por gripe xa que non hai epidemia. Só 87 pacientes están ingresados por esta doenza en todos os hospitais do Sergas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2017 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O número de persoas falecidas con gripe na Comunidade galega desde o inicio da temporada actual ascende a cinco, fronte ao tres da semana pasada, segundo o sétimo informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' publicado este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) relativo á semana que terminou o 24 de decembro. Na campaña anterior (outubro 2016-xuño 2017) foron 136 os mortos por este virus.

Vacuna de la gripe
Vacuna de la gripe

O informe do Sergas concreta que os cinco falecidos tiñan indicada a vacina, ben por idade ou ben por ter factores de risco para ter unha gripe complicada, e catro deles non estaban vacinados.

Ademais, a data de 27 de decembro había 87 pacientes ingresados con gripe confirmada en hospitais do Sergas e, en total, e desde o principio da temporada declaráronse 226 ingresos con virus da gripe confirmados --o 65% con virus da gripe B; cinco casos con gripe A e B, e o resto con virus A--.

Mentres, o 83 por cento do total dos pacientes ingresados durante esta temporada tiña indicada a vacina antigripal e deles o 56% non a tiña posta.

ONDA EPIDÉMICA

Desde o inicio da temporada, na semana do 2 ao 8 de outubro, até a semana que terminou o 24 de decembro, o número de chamadas atendidas no 061 por gripe e infeccións respiratorias (IRA) ascendeu.

Iso, concreta o Sergas no seu sétimo informe, "indica o inicio da onda epidémica", como xa anunciaba o sistema de vixilancia cos rexistros en Atención Primaria aínda que, de momento, "cun nivel de intensidade baixa".

COLAPSO URXENCIAS

Estes datos chegan cando houbo varios hospitais galegos --A Coruña, Santiago, Vigo ou Ourense-- que rexistraron colapsos sanitarios ao longo deste mes, a pesar de que non hai epidemia de gripe. Unha situación que o presidente da Xunta asegura que é "puntual".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta