Temas: POBOACIóN

Galicia xa é un país de vellos e vai camiño de ser un deserto poboacional

Perde 10.186 habitantes en 2016 e queda ao bordo de baixar dos 2,7 millóns. Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra gañan poboación, mentres Ourense, Lugo e Ferrol pérdena.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2017 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Galicia perdeu ao longo de 2016 un total de 10.186 habitantes (-0,37%) e quedou en 2.708.339, segundo o padrón municipal a 1 de xaneiro de 2017, que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pensión, pensións, xubilación, pensionista, xubilado, xubilada, xubilados
Pensión, pensións, xubilación, pensionista, xubilado, xubilada, xubilados | Fonte: Europa Press

Así, a Comunidade galega queda ao bordo de baixar dos 2,7 millóns de habitantes. Esta é a cifra máis baixa da serie histórica do INE, que se remonta a 1996. Estas 2.708.339 persoas distribúense entre 1.304.392 homes e 1.403.947 mulleres.

Todas as provincias perden poboación en 2016. A Coruña é a máis poboada, con 1.120.294 persoas, cun descenso de 2.505 en 2016 (-0,22%). Séguelle Pontevedra, con 942.731, e unha baixada de 1.615 (-0,17%).

En Lugo, a poboación queda en 333.634, con 2.893 persoas menos (-0,86%). Pola súa banda, en Ourense hai unha diminución a 311.680, son 3.173 menos (-1,01%).

Entre o sete cidades, Vigo gaña habitantes a 1 de xaneiro de 2017 até 292.986 (eran 292.817 un ano antes). A poboación tamén sobe en: A Coruña até 244.099 persoas (eran 243.978 un ano antes), Santiago até 96.456 (eran 95.966) e Pontevedra até 82.671 (eran 82.549).

En cambio, baixa a poboación en: Ourense até 105.636 (eran 105.893 un ano antes), en Lugo até 97.995 (eran 98.268) e Ferrol até 67.569 (eran 68.308).

Temas: POBOACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 galegoexiliado

Pois menos mal que retornamos os emigrados e exiliados a gastar aqui as nosas pensions europeas, que sinon aqui non ficarían mais que os gobernantes e os seus sirventes, é decir, políticos, funcionarios e personal de servizos. Mentras uns paises atraen industria os gobernos galegos, locais e da Junta, atraen mochileiros, moinantes e perroflautas e exportan licenciados e profesionais. Disfruten un ano mais do votado, soldos baixos e pensions de miseria.

3 Gamela

Podo escribir Auschwitz pero algúns preferirían manter o Pedigree https://i.gal/gamela13

2 En fin

E os bloqueiros e mareantes querendo arruinar o rural, converténdoo nun xardín para os seus paseos dominicais, sen que lles cheire o purín, nin lle molesten os eucaliptos, só que sexa para ver e pasear el finde cuando salgan de ruta palaldea. Moito quentarse a boca pero logo protestan se poñen garderías nas aldeas, se gasta en axuda no fogar, se melloran as comunicacións do rural,... No, din todos, gastos para mantener el caciquismo lle chaman. En fin.

1 PP= ETNOCIDIO E ACULTURACION

Aquí temos xa o que esta pasando, o que fixo o partido putrefacto PP, non e tema de opinión e tema xa visto cos números coa caída da poboación, e non din da xente que esta escapando dos mozos que escapan, non traballo pois e escravitude medio contratos de 12 por catrocentos euros, non se trata de decir que fixeron istes o os outros traten de ver o que XA FIXO O PEPEIRO, xente nefasta e estafadora, aquí esta o RESULTADO ASASINO DE EXPAÑA, están cometiendo ETNOCIDIO COS GALEGOS, NOS ESTAN DESTRUINDO, AS RATAS EXPAÑOLENTAS, non soamente nos aniquilan sinon que envelenan a raza galega, mesturándonos co lixo do al-andalus, están metendo a aculturación andaluceira e madrileñisca, isto son os resultados do PARTIDO PEPEIRO... traidores!!!! criminais!!!! malinches!!!!

1 40 anos do pepeiro

aquí están os logros de expaña os logors do pepeiro ladron!!!! (juasjuas) imos a ruina, pero ainda ha cousas piores - https://www.youtube.com/watch?v=bcY...