O rexurdir de Sargadelos

A mítica empresa galega, da man do empresario ribadense Segismundo García, volve obter beneficios, aposta por novos sectores e superará outra volta os 200 empregados para afrontar novos retos, coa apertura de mercados como México ou Xapón.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 29/12/2017 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

“De nada serven as esencias galegas se a empresa vai a pique”. Do concurso de acredores e de estar a piques de desaparecer hai apenas tres anos, a rexurdir de novo, como na década dos 60 da man de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, e encarar o futuro con optimismo.

Aspecto exterior da fábrica de Sargadelos en Cervo.
Aspecto exterior da fábrica de Sargadelos en Cervo. | Fonte: cultura.gal

Sargadelos obtén beneficios, vai pagando as súas débedas, fai novas inversións nas súas fábricas e aposta por abrir novos mercados (Inglaterra, Xapón ou México) para converterse outra volta nunha empresa potente e recoñecida pola súa calidade e diseño.

Nos últimos dous anos, 75 novos empregos para alcanzar os 200 entre as dúas factorías de Cervo e Sada, e co propósito se seguir medrando ata chegar aos 250. “Vainos ben, moi ben”, recoñece Segismundo García, empresario ribadense, antes socio minoritario e agora máximo accionista e conselleiro delegado da empresa, que defende o pragmatismo na estratexia da firma (“ideas galegas para un mundo globalizado”) e que anuncia a contratación de 20 persoas máis no 2018 que asoma.

A clave, segundo o propietario, mantendo a calidade e cerámica aparte, Sargadelos abriuse ao mundo e a novos sectores: marroquinaría, téxtil e xoiaría, panos de seda e deseños para a xuventude (unha peza de cerámica inspirada na psicodelia de Pink Floyd), toda unha colección de complementos. E os acenos a súa esencia galega, como os panos de Rosalía ou Castelao. Ou a exclusiva gaita creada xunto co Obradoiro Seivane, presentada o mes pasado en Cervo. Agora, o neto de Isaac Díaz Pardo, o arquitecto Camilo Díaz, traballa xa na carpintería nunha colección de mobles de diseño que sairá próximamente.

“En principio, ningunha das empresas vai repartir beneficios entre os accionistas. Todo o que xera Sargadelos volve investirse na empresa”, asegura Segismundo, “orgulloso” de ter superado unha etapa moi complicada e de ter sacado a Sargadelos do “furado”, ao tempo que crítico cos proxectos megalómanos do que foi o seu referente, Isaac Díaz Pardo, falecido en 2012. “As galerías con cadros estiveron moi ben nos 70, pero temos un stock de máis de 200.000 libros de Edicións do Castro que non se venderon. A quen se lle venden agora?”, laiase.

“O futuro nunca está garantido, pero imos moi ben. En principio, se non hai sobresaltos, sairemos adiante e seguiremos medrando”, asegura Segismundo García con cautela. Os beneficios, para saldar débedas e mellorar os salarios dos traballadores, promete. Para abrir novos mercados, como México, un busto de Frida Khalo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Ouveos españolistas

Antes Sargadelos era un proxecto galego. Agora é español-cosmopaleto: a deseñadora de cabeceira é Ágata Ruiz de la Prada. E na familia de Díaz Pardo hai cipaios e traidores, como lamentablemente puido comprobar Isaac nos seus últimos anos. Todo un exemplo de como se destrúe o país. E hai medios moi críticos con Feixoó pola deixadez do Centro Galego de Bos Aires, que ante un despropósito máis próximo so 'imparciais' (ou sexa, calan e outorgan ante o empresario de esencia cosmopaleta-española).

1 Galego

O que é paleto-galáctico é vostede. E mentiroso,¿ de onde saca que Agata sea a diseñadora de cabeceira?. Fixo un deseño como outros moitos artistas pra Sargadelos. Nin mais nin menos. E polo que se ve Sargadelos agora gana diñeiro, exporta e aumenta plantilla, ¿destrúe pais? Quzás vostede teña que emigrar pra Cataluña

2 Ouveos españolistas

Quizá xa estou emigrado! Se cadra por ter 'grandes' empresarios e modelos de empresas de enclave colonial como a que vostede defende, por ter políticos tan eficientes como o xefe da cosanostra Marrano Rajoy, o príncipe do dedo e a pernada Baltarito e o depredador Frijolito (e non os pérfidos catalanistas que tanto odia o galego-españolista). Se cadra a 'artista' que tanto se difundiu nesta nova etapa foi a mentada, por que será? E xa sabemos a quen representa tal lindeza!

3 Paco da Rosa

Hai que ver como o peperolo-galego-cosmopaleto-español defende a señora de Pedro J Ramírez! Como triunfa o ridículo en nome da arte e o deseño, todo adubado co refinado gusto exquisito da marquesa propagandeada pola caverna mediática madrileña! Quen non entende que a difusión de Sargadelos chegou polo mecenazgo cultural, polos libros e a aposta pola arte de xenuinas raíces galegas, nada vai aportar á cultura galega, o mercadeo é outra cousa... Hai marcas de prestixio inglesas que fabrican en Colombia e en China... A próxima parada de Sargadelos nas mans dos feirantes!

3 Gamela

Onde se poden mercar os complementos ?

2 Yate

Los libros dígaselo al cobarde de Feijóo y su política asesina hacia el gallego

1 Sargadelos na lembranza

Pola forma de falar con desprezo dos libros, por entendelos como mero produto, e polo seu exceso de pragmatismo, xa se ve de qué vai ir o conto agora. Este señor saberá moito de números pero non comprende a esencia de Sargadelos. Unha mágoa porque en realidade o que está facendo non é relanzar Sargadelos senón facer un proxecto empresarial calquera.

1 brezoso

Non sei onde interpreta vostede o desprecio, simplemente di que ten moitos libros no almacén. E o certo e que Sargadelos ta rexurxindo e creando postos de traballo, ¿prefería como iba antes? Dios santo ¡cánta demagoxia barata!