GC Aberto

Final da Copa Do Rei Froilán De Futebol Gaélico Misto en Sarria (Lugo)

O vindeiro día 6 de xaneiro día de Reis e sábado, desputarase en Sarria, no campo da Ribela a Final da Copa Do Rei Froilán De Futebol Gaélico Misto.

Por BurilACDE (http://www.facebook.com/burilacde) | GC ABERTO | 30/12/2017

Comparte esta noticia

 O vindeiro día 6 de xaneiro día de Reis e sábado, desputarase en Sarria, no campo da Ribela a Final da Copa Do Rei Froilán De Futebol Gaélico Misto.

A Selección Galega de fútbol gaélico, nos GAA World Games en Dublín.
A Selección Galega de fútbol gaélico, nos GAA World Games en Dublín. | Fonte: @GaelicoGalego

A equipa de Sárria, O Buril, receberá na casa a visita da temida equipa capitalina, o Torques De Lugoslavia Futebol Gaélico 

  • O partido, será ás 13:00 da tarde no estadio Sarriao da Ribela.
  • Depois haverá sesión vermú con xantar patriótico (7 euros).
  • Roteiro de esaltazón froilanista polas rúas e pontes de Sárria con visitas às tabernas mais senlleiras.
  • Por último grande  concerto epifónico (7 euros) de 3 bandas.


O habitual O Puto Coro do Exército Froilanista, a promesa local do agro-punk Sudor do Tractorista , e unha visita ex-profeso desde a Comandáncia Livremente Asociada da Campiña e La Alcarria (Peña La Recesión Económica) de Menestra De Defensa 

Diversón patriótica pra toda a família froilanista.

 

A vendaq anticipada dos dous eventos terá un custo de 10 €


Vemo-nos en Sárria!
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 as34

Atentos ó menú: Langostinos Cocidos. Pata de Becerro asada no forno. Roscon de Reis. 7 Putos Euros. (Haberá alterntiva vegana)