Breogán, derbi e Copa

O Cafés Candelas vence 84-73 o Leyma Coruña e organizará o vindeiro 2 de febreiro en Lugo a Copa Princesa. Os lucenses suman 14 vitorias en 16 partidos e son líderes con dous triunfos sobre Manresa e CB Prat.

Por gcdeportes | Lugo | 29/12/2017 | Actualizada ás 23:12

Comparte esta noticia

Ficha técnica
CB Breogán 84:
Christian Díaz (18), Salva Arco (16), Danilo Fuzaro (2), Sulejmanovic (14), Matt Stainbrook (16) –cinco inicial- Guille Rubio (7), Sergi Quintela (0), Ricardo Úriz (1), Demetrio (6), Löfberg (4) e Kabasele (0).
Leyma Coruña 73: Zach Monaghan (4), Ángel Hernández (6), Gilling (14), Dmitry Flis (9), Sergio Olmos (8) –cinco inicial- Hernández-Sonseca (7), Jorge Sanz (9), Cooney (6), Jesse Chuku (8), Mike Torres (2) e Larry Abia (0).
Parcias: 21-20, 19-14 (40-34), 21-18, 23-21 (84-73).
Árbitros: Francisco José Zafra Guerra e Asier Quintas Álvarez. Sen eliminados.
Incidencias: partido da 16ª xornada da LEB Ouro no Pazo Provincial de Lugo ante case 4.500 espectadores.

Ricardo Úriz na defensa sobre Monaghan.
Ricardo Úriz na defensa sobre Monaghan. | Fonte: @CBBreogan

Un novo derbi romano, intenso coma todos, que acabou sendo para un Breogán máis acertado que Básquet Coruña. Malia a un primeiro tempo igualado, os lucenses foron case sempre por diante (40-34 ao descanso), acadaron a máxima vantaxe ao inicio do último cuarto (68-52) e acabaron impoñéndose por 84-73. Os de Natxo Lezcano anotaron un 50% en triplas (10 de 20), mentres que os coruñeses quedaron nun pésimo 24% de acerto dende 6,75 (8 de 34).

Catorce vitorias en dezaseis xornadas para o Cafés Candelas, que obtén como premio organizar a vindeira edición da Copa Princesa en Lugo o vindeiro 2 de febreiro. A falla dunha xornada para o remate da primeira volta, o Breogán ten dous triunfo de vantaxe sobre Manresa e CB Prat. Se ICL Manresa gaña en Lleida, será o rival no Pazo.

Con triplas de Salva Arco e Díaz, o Breo comezou por diante (12-7). Pero os puntos de Gilling e un parcial de 0-7 déronlle a volta ao marcador (12-14). Ao final do primeiro cuarto, igualdade máxima: 21-20. Jesse Chuku deu a última vantaxe (23-24) aos coruñeses. Coas triplas de Christian Díaz e tras unha antideportiva de Ángel Hernández sobre Stainbrook, os lucenses abriron oco antes do descanso (40-31). Un 2+1 de Gilling, o exbreoganista foi mellor do Leyma no Pazo, puxo o 40-34 no tempo de lecer.

O Breo tentaba abrir a fenda ata os dez puntos, pero Leyma agarrábase ao partido coa primera tripla de Cooney e dúas canastras de lonxe de Sonseca. Lezcano parou o partido con 54-51, e unha tripla de Guille Rubio e dúas canastras de Sulejmanovic volveron a abrir o marcador (61-52) ao remate do terceiro acto.

A afección breoganista celebra a vitoria no derbi romano.
A afección breoganista celebra a vitoria no derbi romano. | Fonte: @CBBreogan

No arriqnue do cuarto decisivo, Sulejmanovic anotou dúas triplas (68-52) e o derbi semellaba sentenciado. Pero a base de triplas –Trevor Cooney, dúas de Jorge Sanz e outra de Flis-, o Leyma meteuse de novo no partido (70-66). Un canastra de Christian Díaz (máximo anotador do partido con 18 puntos) e un rebote ofensivo de Rubio tras despiste coruñés sentenciaron o choque. Salva Arco anotou a súa cuarta tripla (4/5) e ao final, 84-73.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta