Temas: DIANA QUER BOIRO

O sospeitoso pola desaparición de Diana Quer e a súa muller pasan a noite en calabozos

Está por determinar se pasará a disposición do xulgado de garda e se nalgún momento o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira reabrirá o caso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2017 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

O principal sospeitoso da desaparición de Diana Quer e a súa muller pasaron a noite nos calabozos de Lonzas, na Comandancia da Garda Civil da Coruña. Segundo informaron fontes da Garda Civil, non está previsto que este sábado pasen a disposición xudicial, para o que existe un prazo de 72 horas que fixa o tope para que isto suceda no vindeiro luns, día 1 de xaneiro.

Casa en Taragoña do detido que investigan pola desaparición de Diana Quer
Casa en Taragoña do detido que investigan pola desaparición de Diana Quer | Fonte: Europa Press

El, un veciño de Rianxo (A Coruña) coñecido co alcume de 'o Chicle' con antecedentes por tráfico de drogas, foi detido polo intento de secuestro dunha moza en Boiro (A Coruña), que denunciou os feitos o pasado martes 26.

Está por determinar se pasará a disposición do xulgado de garda e se nalgún momento o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira reabrirá o caso pola desaparición de Diana Quer, que arquivou fai seis meses por falta de indicios sobre sospeitosos.

A última hora do venres, a muller do detido proseguía prestando declaración, mentres el permanecía nos calabozos, segundo apuntaron as fontes da Garda Civil.

'O Chicle' foi detido polo intento de secuestro dunha moza en Boiro e a Garda Civil investígao como sospeitoso no 'caso Diana Quer' posto que, entre outros feitos que o vinculan coa súa desaparición, estivo nas festas da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal o 22 de agosto de 2016, a noite que desapareceu a moza madrileña.

Os axentes da Unidade Central Operativa (UCO) tratan de solicitar probas que o vinculen coa desaparición, e este venres realizaron un rexistro na súa vivenda de Rianxo.

Temas: DIANA QUER BOIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Lavanderia Cabanas

ELISA ABRUÑEDO: Se a Policía dedicase a décima parte dos recursos do caso Diana a descubrir o asasino de Elisa Abruñedo, o caso estaría resolto

1 Rosa

Queremos que atopen o asasino de Elisa Abruñedo!xa esta ben,fai 4 anos da violacion e o asasinato de Elisa e ainda non se sabe nada?co ADN e todo ainda non teñen nada?Asasinatos de terceira e o que ten a Garda Civil