Trasladan a dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Pereiro de Aguiar (Ourense)

Dúas persoas tiveron que ser trasladas a un centro hospitalario logo de resultar feridas nun accidente de circulación rexistrado no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2017 | Actualizada ás 20:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que ser trasladas a un centro hospitalario logo de resultar feridas nun accidente de circulación rexistrado no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar.

Segundo informa o 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser evacuada polo helicóptero do 061 con base en Ourense, mentres que a outra foi levada en ambulancia até un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 560 da estrada N-120 ás 12,30 horas deste sábado e obrigou aos servizos de emerxencia a excarcerar aos ocupantes do vehículo, que quedaron atrapados no interior do coche.

A central de emerxencias do 112 puxo o caso en coñecemento da Garda Civil, o GES de Pereiro de Aguiar, Protección Civil de Nogueira de Ramuín e os Bombeiros de Ourense. O incidente provocou retencións na estrada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta