Temas: NADAL CONSUMO

O Nadal, tradición ou consumismo?

A crise semella que quedou atrás cando se trata destas épocas. De feito, os galegos tirarán de carteira nestas festas máis que antes da crise. As viaxes impóñense aos agasallos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 01/01/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Os galegos gastarán unha media de 229 euros en agasallos do Nadal; un aumento de 18 euros de media desde 2015. Son os datos do estudo global 'Tendencias de consumo en Nadal', elaborado pola consultora TNS para eBay, que analiza os hábitos de compra de agasallos en Nadal.

En canto ao número de agasallos que os consumidores compran en Nadal, tal e como reflicten as respostas dos máis de 2.144 enquisados, a proporción en Galicia será facer oito agasallos, a mesma cantidade que o pasado ano,  a seis persoas diferentes. En xeral a comunidade de Galicia está moi por baixo da media en canto a compra de agasallos, xusto na cola do ranking, en comparación con outros lugares como Cataluña, Madrid ou Canarias. Esta última é a comunidade que máis gasta, cunha media de 281.

AGASALLOS PERSOAIS

A pesar de que cada vez máis os españois (31%) parecen adiantar as compras a novembro para aproveitar descontos típicos desta época do Nadal como o Black Friday, máis dun terzo dos galegos (39%), aínda se deixa levar pola tendencia de deixalo todo para o último momento. Así,  feito, a 42% compra os agasallos no mes de decembro. Para o 37% dos galegos, o Nadal non é unha época divertida. Á hora de buscar inspiración para comprar ese agasallo tan persoal, pensar nos intereses e paixóns dese ser querido (54%) ou os momentos que pasaron xunto á persoa (45%) son as dúas claves principais.

Soamente o 10% dos galegos enquisados déixase levar polas tendencias do momento, o 33% aprecia dar e recibir un agasallo que "implique un sentimento, reflicta a verdadeira personalidade do destinatario" e só ao 27% gústalles que o agasallo sexa unha sorpresa.

Segundo o estudo de eBay, en Galicia os agasallos preferidos para este Nadal serán as viaxes (20%), roupa, zapatos e complementos (15%), elementos e produtos de alta tecnoloxía (8%) e libros (8%) antes que videoxogos (13%), xoguetes de categoría adulto (10%) e cartóns regalo (9%).

A Rúa Príncipe de Vigo, principal arteria de comercio desta cidade, ateigada polas compras de Nadal
A Rúa Príncipe de Vigo, principal arteria de comercio desta cidade, ateigada polas compras de Nadal | Fonte: minube.com

NOVAS TENDENCIAS

O 30% dos galegos declara que compra en liña agasallos do Nadal a vendedores particulares en plataformas en liña como eBay, principalmente a través do computador (57%), o portátil (53%) e o móbil (31%). As principais razóns para optar por este tipo de produtos son, por esta orde, as dificultades para atopar artigos únicos noutras tendas (47%), os prezos (43%), a imposibilidade de tomarse o tempo suficiente para atopar o agasallo perfecto (14%) ou a oportunidade de buscar diferentes propostas de agasallos (14%).

Segundo o estudo de eBay, os galegos destinan ás súas parellas e aos seus sobriños os orzamentos máis altos, 124 e 84 euros de media, respectivamente, seguidos moi de preto polos fillos 83. De feito, as parellas e os fillos son os primeiros da lista e as persoas que consideran máis fáciles de regalar. En total, o 24% dos galegos inviste só unhas horas para buscar o agasallo perfecto para eles.

Temas: NADAL CONSUMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta