Gonzalo Caballero ve "triunfalismo, autocompracencia e autobombo" no discurso de Fin de Ano de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, opinou que o discurso de Fin de Ano do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, caracterizouse polo "triunfalismo, a autocompracencia e o autobombo".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2017 | Actualizada ás 19:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, opinou que o discurso de Fin de Ano do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, caracterizouse polo "triunfalismo, a autocompracencia e o autobombo".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

"Feijóo esquece os problemas da Galicia real para recrear unha situación idílica que non é na que viven as familias galegas", manifestou o líder do PSdeG, que cre que os galegos non poden "verse reflectidos" no "discurso oficialista" de Feijóo.

Así, lamentou que o balance económico ofrecido polo mandatario "esqueza o conxunto de dificultades que padece un país con baixos salarios e pensións, recortes nos servizos públicos, maior exclusión e unha preocupante desigualdade".

Así mesmo, criticou a ausencia de "autocrítica" por parte do presidente da Xunta ao reducir a problemática dos incendios forestais a un asunto de "suposto terrorismo incendiario" e "na valoración da resposta cidadá".

Todo iso, segundo Gonzalo Caballero, reflicte a "incompetencia na prevención e loita contra os incendios" e aproveitou para pedir "unha análise máis precisa" deste asunto para poder, deste xeito, dirimir "responsabilidades" e aplicar "cambios nas políticas públicas do Goberno galego".

FINANCIAMENTO

Por último, o líder do PSdeG tamén fixo referencia ao debate sobre o novo modelo de financiamento autonómico, unha reforma que debe garantir "o acceso de todos os cidadáns aos servizos públicos, con independencia dos territorios dentro do Estado".

"Os socialistas galegos mostramos a nosa disposición a traballar en 2018 para que Galicia non perda recursos nin posición relativa no financiamento autonómico", concluíu Gonzalo Caballero.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta