Temas: NADAL

Mazaricos brinda polo Ano Vello con leite

Houbo concellos que quixeron despedir xa o Ano Vello cun brinde moi especial como foi o de Mazaricos, onde o leite foi o principal protagonista.

Por Galicia Confidencial | Mazaricos | 31/12/2017 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Este concello reeditou o seu xa tradicional brinde leiteiro. Varios nenos conduciron o acto e reivindicaron a importancia da gandeiría en Mazaricos e o orgullo de vivir en Mazaricos.

Amenizaron o acto as cantareiras da Asociación de Amas de Casa - El Hórreo. Canda o brinde con leite as persoas asistentes degustaron unha tarta con forma de vaca. Había prevista tamén a Carreira do Leite que foi suspendida debido ás condicións meteorolóxicas.

Mazaricos brindou polo Ano Vello con leite
Mazaricos brindou polo Ano Vello con leite

Temas: NADAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta