Temas: DIANA QUER

A autopsia de Diana Quer non acha signos de violencia pero si indicios de "criminalidade"

Se se confirma a súa identidade, os restos mortais da moza serán trasladados a Madrid, onde os seus familiares e achegados daranlle sepultura. O 'Chicle' nega ter matado a moza intencionadamente nin violala.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/01/2018 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O informe preliminar da autopsia practicada ao cadáver achado dentro dun pozo nunha nave abandonada en Rianxo (A Coruña) e que se cre que se trata de Diana Quer, indica que o corpo non presenta signos evidentes de violencia, aínda que si "indicios claros de criminalidade".

Diana Quer
Diana Quer | Fonte: Facebook

Segundo informaron fontes xudiciais, este informe apunta a que o cadáver se corresponde co dunha muller nova, de entre 18 e 20 anos, de "cabelo longo e escuro". A causa da morte, polo momento, atópase "a estudo" e "non se acharon signos de violencia pero si indicios claros de criminalidade", apuntan as mesmas fontes.

O cadáver foi recuperado este domingo do interior dun pozo nunha nave abandonada do lugar de Asados, en Rianxo, á que o principal sospeitoso da morte de Diana Quer levou á Garda Civil.

Unha vez que finalicen os traballos da autopsia e se confirme, sen dúbidas, a súa identidade, os restos mortais da moza serán trasladados a Madrid, onde os seus familiares e achegados daranlle sepultura nos próximos días. No entanto, fontes próximas á familia sinalaron a Europa Press que descoñecen cando as autoridades xudiciais autorizarán este traslado.

NEGA O ASASINATO

Pola súa banda, José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'o Chicle', atópase "afectado psicoloxicamente pola súa situación procesual" e nega tanto cometer un delito de índole sexual como ter matado intencionadamente a Diana Quer.

Así o dixo o seu avogado, Ramón Sierra, á saída dos xulgados de Ribeira nos que este luns compareceu Abuín Gey en relación á morte de Diana Quer, despois de que o domingo levara á Garda Civil á nave abandonada de Rianxo na que foi localizado o seu cadáver.

Tras seis horas dentro do edificio xudicial, nas que o detido rexeitou declarar ante a maxistrada do número 3, un furgón da Garda Civil trasladouno á prisión, onde ingresou de forma provisional, incomunicado e sen fianza.

Ás portas do xulgado, o seu letrado dixo que 'o Chicle' "en ningún momento recoñeceuse autor de ningún delito doloso, nin asasinato nin homicidio". Con todo, no seu auto, a xuíza atribúelle un delito de homicidio doloso polo caso de Diana Quer, así como de detención ilegal.

Temas: DIANA QUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 anonimo7458

Esto es muy raro: ¡GC da la noticia de un suceso sin echar la culpa a Feijoó!

1 Daviciño

non te preocupes que acabarán botándolle a culpa a xustiza que non funciona por culpa de Feijoo

2 Cocas

Que baixi se cae para seguir buscando votos interesándose nun caso tan dramático polo que semella che trñen encarregado cual lacaio Vergoña, vilezae iñorancia Xa sei que non votarei a quen ti votes E grazas a GC por non ser dependentes das subvencións

3 Iota

No del todo. Observa bien y verás que algunos del PP o ex-PP son muy bien tratados por este medio. Los motivos son evidentes