Morre unha persona por mor dun escape de gas en Lugo

Unha persona faleceu a última hora deste domingo por mor dun escape de gas rexistrado na súa vivenda de Lugo.

LUGO | 01/01/2018 | Actualizada ás 19:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persona faleceu a última hora deste domingo por mor dun escape de gas rexistrado na súa vivenda de Lugo.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 20.00 horas, cando un familiar alertou de que estaba a chamar á porta da vivenda sen obter resposta, aínda que no interior ouvía soar o teléfono dun dos inquilinos.

Até a zona, na rúa San Isidro Labrador de Lugo, desprazáronse efectivos da Policía Nacional, Bombeiros, Protección Civil e da empresa subministradora de gas, que detectaron unha fuga de monóxido de carbono (CO) procedente da caldeira.

Así mesmo, acudiu unha ambulancia do 061 que certificou o falecemento dun dos inquilinos. O outro foi trasladado con síntomas de intoxicación ao Hospital Lucus Augusti.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta