Parte da frota galega permanece amarrada polo temporal

Parte da frota galega permanece amarrada debido ao temporal de choiva e vento que deixa ondada de até seis metros no litoral coruñés.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2018 | Actualizada ás 11:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Parte da frota galega permanece amarrada debido ao temporal de choiva e vento que deixa ondada de até seis metros no litoral coruñés.

Así, parte da frota atópase amarrada, principalmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña, mentres embarcacións saíron a faenar na provincia de Lugo, segundo as fontes consultadas por Europa Press.

Segundo explica o patrón maior de Celeiro (Lugo), Domingo Rey, na zona as embarcacións saíron a faenar con normalidade, aínda que se rexistra vento.

Pola súa banda, o patrón maior de Sada, Andrés García, explica que nesta zona coruñesa as artes menores atópanse en porto, mentres os buques de cerco están amarradas pola mañá, pero prevese que saian a traballar pola tarde.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta