O pai de Diana Quer pide unha condena "exemplar" para 'o Chicle' e reclama que se respecte a intimidade da familia

Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, pediu unha condena "exemplar" para o asasino confeso da súa filla, José Enrique Abuín Gey, coñecido polo sobrenome de 'o Chicle', e reclamou que se respecte a intimidade da familia após a publicación dunha fotografía do cadáver da moza madrileña cuberto por unha saba branca.

A CORUÑA | 02/01/2018 | Actualizada ás 12:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, pediu unha condena "exemplar" para o asasino confeso da súa filla, José Enrique Abuín Gey, coñecido polo sobrenome de 'o Chicle', e reclamou que se respecte a intimidade da familia após a publicación dunha fotografía do cadáver da moza madrileña cuberto por unha saba branca.

O coche fúnebre chega á nave onde foi atopado o corpo de Diana Que
O coche fúnebre chega á nave onde foi atopado o corpo de Diana Que | Fonte: Europa Press

A través dun comunicado remitido aos medios de comunicación, o pai de Diana Quer explicou a "dor" polo tráxico falecemento da súa filla, após máis de 16 meses de "angustia e incerteza" sobre o seu paradoiro.

A isto súmase agora o "longo" procedemento xudicial para determinar a responsabilidade penal de 'o Chicle', que confesaría a autoría do crime de Diana o pasado sábado. "Pido a Deus que o procedemento conclúa cunha condena que sexa exemplar", sinala Juan Carlos Quer.

Por outra banda, o pai de Diana apelou á "ética profesional xornalística e á dignidade" no tratamento das noticias relacionadas coa morte da súa filla, para "non incrementar aínda máis a dor da familia".

"Apareceron xa nos medios de comunicación fotografas e imaxes do cadáver da miña filla Diana cuberto cunha saba. ¿Era necesario? A pregunta respóndese por si soa. ¿Publicaría o director dese medio esa mesma fotografía se se tratase da súa filla?", espeta Juan Carlos Quer.

Ante esta publicación, o pai pediu que se retire a fotografía dos arquivos para que non volva reproducirse, xa que Diana Quer "non era nin é unha páxina de sucesos, era unha persona que merece, do mesmo xeito que a súa familia, respecto á súa intimidade e consideración á súa dor".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta