Unha ambulancia sofre un accidente cando trasladaba a un enfermo en Boiro (A Coruña)

Unha ambulancia sufriu un accidente cando trasladaba a un enfermo e á súa familia en Boiro (A Coruña), pouco antes das 12,00 horas na estrada que une o municipio coruñés co de Noia, ao paso polo lugar de Beluso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2018 | Actualizada ás 13:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha ambulancia sufriu un accidente cando trasladaba a un enfermo e á súa familia en Boiro (A Coruña), pouco antes das 12,00 horas na estrada que une o municipio coruñés co de Noia, ao paso polo lugar de Beluso.

Segundo puido saber o persoal do 112 Galicia, a ambulancia saíuse da vía posiblemente por mor da choiva e foi parar a un bulleiral con risco de escorregar por un desnivel. Con todo, as persoas que viaxaban no interior (o equipo médico, enfermo e familiares) resultaron ilesas e puideron abandonar o vehículo unha vez que os bombeiros conseguiron estabilizalo.

Para iso, engancharon a ambulancia ao seu camión e arrastrárona até un lugar seguro para facilitar a evacuación dos ocupantes, explica o 112.

Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración das forzas da orde.

UN FERIDO EN SANTA COMBA

Por outra banda, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia atendeu este martes outro accidente de tráfico rexistrado en Salgueiroas, no concello coruñés de Santa Comba.

Alí, un vehículo saíuse da vía e chocou contra o muro dunha vivenda. O condutor, que estaba liberado e accesible, necesitou asistencia médica por unha dor no peito.

Unha vez recibida a alerta sobre as 9,30 horas, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos bombeiros de Santa Comba, así como dos profesionais sanitarios e forzas da orde.

UN VEHÍCULO ENVORCADO EN LALÍN

Tamén en Lalín outro vehículo saíuse da vía e acabou envorcado na PO-533, á altura das Tecedeiras. A muller que conducía o turismo presentaba diversas lesións polo que foi evacuada nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias ao centro médico máis próximo.

A pesar de quedar envorcado o vehículo, a ferida estaba liberada e puido ser atendida polos profesionais sanitarios sen problema. No entanto, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos membros do GES de Lalín e informou os bombeiros do Deza. O accidente rexistrouse minutos antes das 10,00 horas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta