A Xunta fará "todo o posible" por chegar a un acordo e evitar a folga indefinida na administración de xustiza

A Xunta fará "todo o posible" por chegar a un acordo cos traballadores da administración de xustiza, que reclaman melloras nas súas condicións laborais, e que convocaron folga indefinida a partir do 1 de febreiro.

VIGO | 02/01/2018 | Actualizada ás 14:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta fará "todo o posible" por chegar a un acordo cos traballadores da administración de xustiza, que reclaman melloras nas súas condicións laborais, e que convocaron folga indefinida a partir do 1 de febreiro.

Así o manifestou, en declaracións aos medios, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante unha visita a varios edificios rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo, e recalcou que se vai a "seguir negociando". "Na última reunión os representantes sindicais xa recoñeceron que había unha proposta encima da mesa por parte da Xunta", incidiu.

A ese respecto, Rueda sinalou que esa proposta "é o punto" para negociar e tentar o acordo. "Nós non imos renunciar, estamos a cumprir a legalidade porque hai condicións legais que marcan a actuación da Xunta. Pero, dentro dese marco legal, imos facer todo o posible por chegar a un acordo cos traballadores", engadiu.

Así mesmo, recalcou que o goberno autonómico está a facer "un esforzo importante" no funcionamento da administración de xustiza, e lembrou, entre outras accións, que o próximo 1 de febreiro entrarán en funcionamento novas unidades xudiciais, mentres que outras Comunidades Autónomas teñen que atrasar a súa apertura por falta de recursos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta