A Garda Civil busca outros posíbeis casos de violación no historial do 'Chicle'

A investigación "revaluará" outros casos entre 2005 e 2016 para comprobar se Enrique Abuín Gey está implicado en máis delitos, pero descarta a vinculación do detido coa desaparición de Manuela Lorenzo en Boiro no 2015.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/01/2018 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Garda Civil "revaluará" outros casos, "sobre todo de violación", para determinar se José Enrique Abuín Gey, O Chicle, está implicado en máis delitos, após a súa detención como autor confeso da morte de Diana Quer. Así o confirmou o coronel xefe da Unidade Operativa (UCO) da Garda Civil, Manuel Sánchez Corbi, quen, no entanto non considerou que poida existir vinculación entre o detido e a desaparición de Manuela Lorenzo, unha septuaxenaria que falta da súa aldea, en Boimazán (Boiro), desde o 25 de xullo do 2015.

Chegada do autor confeso de Diana Quer ao xulgado
Chegada do autor confeso de Diana Quer ao xulgado | Fonte: Europa Press

A preguntas dos xornalistas, o coronel xefe da UCO sinalou, en alusión ao caso de Diana Quer e o da moza que o pasado 26 de decembro denunciou un intento de secuestro en Boiro e deu datos coincidentes co físico e o coche de O Chicle --segundo explicou a Garda Civil--, que o detido buscaba "vítimas moi novas". Así, situou a idade destas arredor dos 18 anos ou con aparencia desta idade.

Sobre esa cuestión, o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Francisco Javier Jambrina, apuntou á "coincidencia" de casos. En concreto, ratificou que, en 2005, o detido agrediu sexualmente á súa cuñada cando esta aínda contaba con 17 anos.

Mentres, dixo que, após a denuncia o pasado 26 de decembro da moza de Boiro, empézanse a ver "nexos na forma de actuar" co caso de Diana Quer. Por todo iso, descartou calquera relación co da septuaxenaria desaparecida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta