A nai de Diana Quer presentarase como acusación particular na causa xudicial que investiga a morte da súa filla

A nai de Diana Quer presentarase como acusación particular na causa xudicial que investiga a morte da súa filla, segundo sinalou a Europa Press o seu avogado, Pedro Víctor de Bernardo.

A CORUÑA | 02/01/2018 | Actualizada ás 15:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A nai de Diana Quer presentarase como acusación particular na causa xudicial que investiga a morte da súa filla, segundo sinalou a Europa Press o seu avogado, Pedro Víctor de Bernardo.

Diana López-Pinel, nai de Diana Quer
Diana López-Pinel, nai de Diana Quer | Fonte: Europa Press

O letrado anunciou que formulará este mércores a petición de personación no procedemento, após a reapertura este martes da causa no Xulgado de Instrución e Primeira Instancia número 1 de Ribeira (A Coruña). O procedemento foi arquivado provisionalmente en abril deste ano por falta de indicios.

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), está a acabarse de redactar o auto polo cal quedará oficialmente reaberto o caso.

Á espera de que continúe a investigación, De Bernardo considera que o resultado do informe forense pode ser "determinante e fundamental" para esclarecer os motivos da morte de Diana Quer, e desta forma o tipo delituoso polo que poden acusar 'o Chicle', asasino confeso da moza.

O avogado da nai de Diana Quer realizou unha valoración "positiva" da rolda de prensa deste mércores da Unidade Operativa (UCO) da Garda Civil, a Comandancia da Coruña e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva.

De Bernardo mostrou o seu "apoio e agradecemento polo seu traballo especialmente á UCO e a todo o dispositivo das autoridades desprazado até A Coruña".

Pola súa banda, Valeria, a irmá de Diana, sinalou nun tuit que espera que a autopsia "salga ben" para ter "a paz de que ese ser non lle fixo sufrir máis aínda do que se espera". "Que duras son as noites desde que recibimos a última noticia... Non podo durmir desde hai días. Bótoche de menos, hermanita", lamenta nas redes sociais.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta