O Sergas nega que non se entregue informe clínico nas altas médicas voluntarias

O Servizo Galego de Saúde contesta a denuncia feita pola Asociación de Médicos Interinos de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/01/2018 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que todas as altas médicas, "incluídas as altas voluntarias", van acompañadas dun informe clínico. Deste xeito, contesta a denuncia da Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig), que aseguraba que o Sergas non facilita informes clínicos de alta a pacientes que piden a alta voluntaria, o que podería incumprir varias disposicións de carácter estatal.

Centro de chamadas e operacións de Urxencias Sanitarias do Sergas
Centro de chamadas e operacións de Urxencias Sanitarias do Sergas | Fonte: sergas.gal

Segundo fontes da Consellería de Sanidade, estas altas voluntarias contan cun informe "conforme á lexislación vixente", que cumpre o Sergas.

Deste xeito, Sanidade pretende frear a queixa formal presentada pola Asmig ante a valedora do Pobo, Milagros Otero, para denunciar que o Sergas nega informes clínicos de alta a pacientes que solicitan a súa alta voluntaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta