"Unha grave filtración en prensa" precipitou a detención do 'Chicle'

A Garda Civil, trala novo intento de secuestro en Boiro, trasladou varias decenas de axentes da UCO a Galicia para pechar o caso Diana Quer, pero a publicación da nova obrigou a deter o pasado venres a Enrique Abuín Gey, que era o principal sospeitoso xa en novembro do 2016, “con improvisación”. Investíganse posíbeis responsabilidades na filtración.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/01/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

En novembro de 2016 xa era “o principal sospeitoso”. A falta de probas e a coartada que lle proporcionaban a súa muller e os seus cuñados retrasaban a súa detención. Pero un ano despois, a Garda Civil non tiña dúbidas da súa implicación na desaparición de Diana Quer. En decembro, os investigadores ultimaban o informe coas probas para levalo ante o xuíz de Ribeira.

A Garda Civil localiza o cadáver de Diana Quer
A Garda Civil localiza o cadáver de Diana Quer

Pero O Chicle, malia saberse vixiado, volveu á carga: tentou o secuestro dunha muller en Boiro no día de Nadal, sen éxito pola resistencia e os berros da agredida e a aparición de dous rapaces. A detención de José Enrique Abuín Gey era inminente. Con todo, foi “unha grave filtración á prensa”, nas propias verbas do coronel xefe da Comandancia da Coruña, Francisco Javier Jambrina, o que obrigou á Garda Civil “a reaccionar rapidamente” e deter O Chicle ás 10.15 horas do pasado venres.

“El viernes nos amanecemos con una grave filtración en prensa que nos compromete totalmente y nos obliga a precipitar las detenciones. Eso siempre es un problema; actuar con improvisación no es bueno para una investigación de este calado. Se está investigando para ver si alguien tiene responsabilidades”, apunta Jambrina en relación á nova publicada por La Voz de Galicia sobre os axentes da UCO que interromperon as súas vacacións para viaxar de urxencia ata Galicia.

A falta de probas, a coartada da súa familia e, segundo a Garda Civil, o feito de que José Enrique Abuín Gey fose “un criminal agudo”, case un profesional do delito, fixeron que a súa detención polo caso de Diana Quer -a moza madrileña desaparecida na madrugada do 22 de agosto de 2016 na Pobra do Caramiñal- non se producise ata o pasado venres, xusto cando se cumplen 500 días da súa desaparición.

Cinco minutos despois da detención do Chicle, foi o turno da súa muller, Rosario Rodríguez. Após ser detida, tanto a muller de Abuín como a irmá desta e o seu marido, deixaron de ofrecer “unha coartada” sobre onde estaba o seu Enrique Abuín o día en que desapareceu Diana Quer na Pobra do Caramiñal. Fixérono tras saber da súa vinculación co novo intento de secuestro en Boiro, denunciado o pasado 26 de decembro.

NO ALXIBE DUNHA FÁBRICA

Na investigación do caso Diana Quer participaron axentes da Comandancia da Coruña e da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil. Este martes, para dar conta da mesma, compareceron o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o coronel xefe da UCO, Manuel Sánchez Corbí, e o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Francisco Javier Jambrino.
Villanueva confirmou que as probas de ADN ratificaron que o corpo de Rianxo, localizado nun alxibe de auga usado para unha antiga fábrica de gasosas, é o de Diana Quer.

“Trátase dunha boca dun metro e medio, cuberto por unha laxa de formigón”, explicou o coronel Jambrina, quen precisou que se desprazaron ao lugar equipos de submarinismo da Garda Civil e incluso Bombeiros do Barbanza. “A uns oito metros, cunha cámara, viuse que había un corpo, ben conservado”, que tiña “dúas cordas, unha á cintura e outra aos ombreiros e, en cada unha, ladrillos de formigón”. Ademais, atopouse un bolso e unha brida de plástico que puido ser utilizada “para atar as mans ou estrangulala”, apuntou Jambrina, sen querer ratificar que o detido confirmase este último extremo.

UNHA INVESTIGACIÓN DIFÍCIL

Ambos remitíronse unicamente ao que consta nas dilixencias da Garda Civil, segundo as cales Abuín atribuíu a morte da moza a “un atropelo accidental”, algo que o coronel Jambrina, á espera da autopsia, cualificou “de imposible” pola investigación efectada. “Deixaría algún rastro”, apostilou o coronel xefe da UCO. Este último, nun exhaustivo relato da investigación, defendeu que non se escatimaron “recursos, nin ganas” para unha investigación "difícil" por non haber "nin testemuñas, nin móbil, nin corpo".

A investigación centrouse, entre outros aspectos, en analizar “40 cámaras”. Coa aparición do móbil da vítima (“chave" para os investigadores) en outubro de 2016 e o seu posterior desbloqueo en xuño de 2017, conseguiuse avanzar na investigación. E é que un dos teléfono móbil de Abuín Gey "coincide” no seu itinerario co de Diana. “Entre as 2:42 e as 2:58 son compatibles”, explicou o coronel da UCO, quen precisou que tamén cadraban os feitos “co pasado” do agora detido, autor dunha agresión sexual á súa cuñada, irmá xemelga da súa muller, en 2005, cando contaba con tan só 17 anos.

Por todo iso, e no marco dunha investigación que levou á análise “de máis de dous millóns de datos” de telefonía móbil, e no que se investigou a tres coches sospeitosos (un deles, o Alfa Romeo gris do detido), acabouse realizando, desde novembro de 2016, un seguimento sobre o agora detido. Con todo, o Chicle decátase, “se mosquea” e contacta, de xeito informal, cun axente da Garda Civil.

OS ERROS DO DETIDO

“Aí comete un fallo”, subliña o coronel xefe da UCO, quen precisa que nese encontro di que a noite que desapareceu Diana Quer estivo nas festas da Pobra coa súa muller. Logo, nunha declaración como testemuñas, ambos dirían que foron a roubar gasolina para despois, unha vez detida, a muller desdecirse. O mesmo farán a cuñada de Abuín e o seu marido.

En novembro de 2017, non hai, para a Garda Civil, “ningunha dúbida” de que o agora detido é o autor da morte de Diana Quer, malia que, para exculparse, deixara con anterioridade que a Garda Civil examinase o seu coche e entregou o seu móbil, pero "reseteado", con “conversas preparadas” entre el e a súa muller. “É un criminal agudo, alguén que sabe o que ten que facer”, apuntaron dende a Benemérita en relación ao seu pasado delituoso.

NOVO INTENTO DE SECUESTRO

O caso dá un envorco trala denuncia que o pasado 26 de decembro presenta unha muller de Boiro de 28 anos por tentativa de secuestro. Esta describe “un Alfa Romeo” como o coche do Chicle, e incluso dá dous números da matrícula e unha letra. O “nexo” co caso Diana Quer fai que o 27 de decembro se despracen á Galicia varias decenas de efectivos da UCO. Unha vez detido o pasado venres, Abuín acaba confesando e levando aos axentes ata a nave abandonada de Asados (Rianxo), moi preto da súa propia casa familiar, na madrugada do domingo.

Agora, a Garda Civil volve sobre outras denuncias, sobre todo de violacións, entre 2005 e 2016, para ver da posíbel implicación de Enrique Abuín Gey noutros casos. Ao tempo, o coronel xefe Manuel Sánchez Corbí convida á prensa a facer "autocrítica" polo tratamento que se deu ás informacións do caso Diana Quer, o máis "mediático" dende que el traballa na UCO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Tocabolas

Hoooome....apareceu o terceiro clon do oligofrénico de Asados (Nostruslambeq´s) que os "fanómenos" investigadores cualifican de "moi intelixente" (cando todos os seus veciños sabiano parviolas perdido: igualiño que o Nostrus) por ver de quedaren como moi eficientes.....

1 nostrus

El hecho de que lo mejor que sabes hacer en la vida (es no hacer nada), te da tiempo a insultar y calumniar; pero con eso no consigues er mejor persona, tan solo afianzarte como miserable y malnacido.

2 Tocabolas

Verdadeiramente calqueira Bóñiga Ovelleira ten mais dedos de fronte que este raza inferior do Nostrus........como se pode ser tan anal fabeto......Fumigación Xa!!!...Fóra Parásitos e Especies Invasoras (incluidas as subespecies humanoides que os malandros tipo Nostrus e Olgofrénico Asandense representan) da nosa Galiza!!.

3 Anónimo

A min tamén me da noxo o nostrus ese

3 Alén

Dous exemplos paradigmáticos de que somos unha colonia: o photocall da GC e a inauguración das peaxes de M. Rajoy.

1 Alí-Aló

Outro upegallo resentido co GC. Marcha para o Sermón Galiza, lacazán. Pseudoxornalismo ao servizo da UPG. Alí si que fan bos photocalls de Mejuto e compañía.

2 antiburras

Cinco noticias sobre este caso: Galicia Confidencial convertida en Tele Circo

1 Anti-censores

Que comentario máis burro, miñaxoia. Mellor o silencio informativo, mellor calar e non informar de que hai depredadores aí fóra, mellor non dicir nada da violencia machista, mellor non dar novas serias sobre temas serios, mellor vivir na ignorancia máis absoluta e falar só do monotema Cataluña, dos independentistas, de bandeiriñas e demais parvadas. O Tele Circo semella que é no que vives ti por criticar que se informe. Outra cousa, certo, é o sensacionalismo de Ana Rosa Quintana e todo ese lixo televisivo de Telecinco, pero comparar un xornal que fai información con iso é ser mala persoa... ou un ignorante.

1 Tocabolas

Xa, xa...estos fenómenos da investigación (que non dan unha no cravo) están asustados polo feito de que tiveran que ser unha Moza e dous arrichados Rapaces de Boiro (dos que, por certo, ninguén se está a lembrar) quen llo puxeran "a gúevo" aportando-lles Tipo de Veículo, Nº da Placa da Matrícula e Retrato Robot do Malandroretrasadomental de Asados.....habia que velos, hoxe na roda de prensa, todos de verde pavonenádo-se e cos dentes longos ante as próximas medallas (co correspondente incremento de soldada) que lle serán concedidas polo mariano (pois que tamén llas dá á Virxe Maria) Sr. Zoido......

1 Ejjjj que vamos

Hai que ser retrasado para falar así da Garda Civil ou de calquera outro corpo de seguridade, salvo que sexa porque che zoscaron en algunha manifa indepe á que fuches queimar contenedores ou romper escaparates (moi propio de sociedades civilizadas). Esqueces que neste país hai xuízos e que se preserva a inocencia salvo probas moi concluíntes contra o acusado polo que hai que ter todo moi ben atado. Por non falar de que se che pasase a ti agradecerías a labor desta xente vestisen de verde ou de azul. Pero non, para algúns coma ti, mellor tirarlle pedras á autoridade que acatar as leis (salvo que sexan as vosas propias). O dito, retrasado ao nivel do Chicle.

2 fija, limpia y da esplendor

Ejjjjj que vamos, burrán, dise atrasado, como moi ben deberas saber a xulgar polas túas opinións neste medio

3 Galegofalante dos de sempre

Xa vexo que me sinalas. Cedo aparecerá unha diana co meu nome propio dos teus colegas de pensamento...Retrasado.

4 Tocabolas

Pois eu sigo a pensar que se non fose polos exemplares cidadáns e cidadá de Boiro os "fenomanos" da investigación ficarian co Q ben ao aire como en moitos outros casos de Desaparicións sen resolver........volto a repetir, Recoñecimento Público para aqueles (que non cobran estipendio mensual do erario público e arriscaron as súas vidas: parece que o clónico rianxeiro de "ejjquevamos" levaba un Coitelo ben grande!!!...) e Ningún para uns Funcionarios (a quen lle pagamos a soldada, entre todos) que non deron pé con bola........respeito aos Ejjquevamos e demais analfabetos funcionáis-fracasados escolares que só poideron aspirar a levar un uniforme, que pululan neste e noutros medios, xa bastante fai esta nosa sociedade con deixa-los non morrer de fame outorgándo-lles un soldo (moitas veces inmerecido) ao final do mes.......

5 nostrus

Tocabolas, o feito de que ti sexas un miserable e ignorante, debido en parte a tua infancia traumática, non che da direito a escupir hacia todos aqueles que valen mais ca ti.

6 Antinostrus

De Infancias Traumáticas e Bizarras procedencias podes presumir Porcus Nostrus...nacido nun Cortello de Porca Nai Montada por probabel Sarxento Chusqueiro e Africanista do Exército Español que endexamais volveches ver...de aí a túa Neurona Única afecta de extrema soidade e orixinal pecado...de aí a túa Xenuflexión Sempiterna ante a España Imperial e Decadente...de aí o teu Cipaismo Irreductibel...a túa Oligofrenia Fenilpirúvica e os teus Vinte e Nove Denarios Pratenses manchados como cenit no teu proceso de acumulación de Capital de inconfesabel procedencia....Miserabel Antigalego que és... non merecente de usufructuar o Osíxeno deste noso Planeta nin, como Porky Ché, de dispor do Stent mais obsoleto do noso Sergas...........