Adeus 2010

O ano que marcha deixounos, como a todos, momentos para esquecere momentos para lembrar en positivo. Para mín comenzou asumindo a responsabilidade de dirixir a forza política con mellores resultados porcentuais de apoio de Galicia, tendo en conta a circunscrición provincial.

Por Manuel Baltar | | 02/01/2011

Comparte esta noticia

Un tempo que servíu para ter cumprido xa o setenta por cento dos compromisos electorais feitos públicos no momento precongresual. Transcorridos once meses démoslle a benvida a case tres mil novos afiliados ao PP de Ourense, celebramos máis de cincuenta comités de dirección, sete comités executivos e tres xuntas directivas...ademáis das xuntas locais ás que asistín, como na que participarei hoxe pola tarde en Ribadavia ou mañán en A Mezquita.

A nova web (www.ppou.es) informa puntualmente da actividade dunha formación política que, como todas, afronta en menos de cinco meses unha cita coas urnas coa celebración das eleccións locais.

A posta en marcha de órganos como o centro de formación e estratexia "Roberto Padilla", a "Rede Ourensán de Mulleres Populares" ou hoxe o "Consello Consultivo Asesor" falan da aposta desta forza por seguir mellorando o seu traballo político. Grazas a todos os que alimentades esta enerxía para estar cada día mellor preparados para representar á sociedade ourensá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA