Os galegos gastaron 1.650 euros de media en compras en Internet en 2017

Os consumidores galegos aumentaron un 40% os gastos nas compras en liña. Lecer, viaxes, moda, dispositivos móbiles e electrodomésticos, informática e electrónica de consumo son o máis demandado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2018 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Os consumidores galegos gastaron de media 1.650 euros en 2017 en compras en Internet, o que representa un 40% máis que no ano anterior, sendo os produtos máis adquiridos os de lecer, viaxes, moda, dispositivos móbiles e electrodomésticos, informática e electrónica de consumo, segundo despréndese do estudo 'A era do Marketplace', elaborado por Observatorio Cetelem.

O comercio electrónico é cada vez más importante para as empresas.
O comercio electrónico é cada vez más importante para as empresas.

Este documento sobre o 'eCommerce' reflicte que os galegos realizaron os gastos en liña máis elevados en coches/accesorios, viaxes e alimentación; e que gastaron por enriba da media estatal en moda, deportes, produtos para bebé, motos/accesorios, coches/accesorios e lecer. Ademais, en 2018 os galegos teñen previsto comprar en liña viaxes, lecer, calzado e complementos.

Doutra banda, o 24% dos enquisados afirmou realizar compras por Internet unha vez cada 15 días, o 19% unha vez por semana e o 9% varias veces por semana. Así mesmo, o 51% realizou algunha compra en Internet cun dispositivo móbil (por baixo da media estatal, que é do 56%), e os medios de pago máis utilizados foron Paypal, tarxeta de débito e tarxeta de crédito fin de mes.

Estes datos baséanse en 2.200 enquisas realizadas en liña por Cetelem, Grupo BNP Paribas, a individuos de entre 18 e 65 anos que ao longo do ano compraron a través de Internet produtos de oito categorías: Electrodomésticos e tecnoloxía, mobles, dispositivos móbiles e accesorios, viaxes, deportes, bicicletas/accesorios, automóbil/accesorios e moto/accesorios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta