Alertan da presenza de "empresas piratas" no concurso de vixilancia dos edificios da Xunta

Dúas das compañías que se presentan a un contrato de 22 millóns da Administración galega acumulan infinidade de denuncias por impagos e vulneración dos dereitos dos traballadores, segundo o sindicato USO.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/01/2018 | Actualizada ás 09:32

Comparte esta noticia

Dúas das catro compañías que se presentan ao concurso de seguridade dos edificios administrativos da Xunta, Sinergias de Seguridad e Novosegur (Marsegur), acumulan infinidade de denuncias por impagos de salario, vulneración dos dereitos dos traballadores e incumprimentos do convenio colectivo de seguridade privada en todo o Estado, segundo a denuncia que fai o sindicato USO (Unión Sindical Obrera).

Edificio central da Xunta en San Caetano
Edificio central da Xunta en San Caetano

O contrato, cuxo valor ascende a máis de 22 millóns de euros e un prazo de execución de 18 meses prorrogábel, pon en grave risco o mantemento das condicións de traballo de 170 vixiantes en toda Galicia de adxudicarse a unha destas dúas empresas, ao non acadar uns criterios mínimos que garantan a calidade do emprego, fomentando a entrada de empresas “low cost” en detrimento das que si cumplen en materia laboral, segundo denuncia Iván Blanco, secretario de Organización da Federación de Seguridad de USO.

Blanco denuncia que estas empresas chegan a rebaixar ata un 40% os salarios do seus traballadores noutros servizos, despois de quedar coas licitacións, para paliar o seu baixo custo e deste xeito manter os beneficios. FTSP-USO anuncia a convocatoria de protestas e non descarta accións máis contundentes nas vindeiras datas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta