Por que non aceite feito en Galicia?

O cultivo das oliveiras vai a máis en Galicia e o recoñecemento das variedades autóctonas ‘Brava galega” e ‘Mansa galega’ abre as portas para a entrada nos grandes mercados de aceite autóctono. "Nós estamos a apostar por variedades de aquí e estamos a viveirar novas oliveiras de árbores antigas para poñer nas novas plantacións ou nas faltas das vellas plantacións", apunta nesta entrevista Julio Quiroga, membro da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia.

Por X.M. Fernández | Quiroga | 08/01/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O pasado mes de outubro as variedades de oliveira Brava galega e Mansa galega foron aprobadas por resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios. Este fito fai posible que o patrimonio varietal da oliveira en Galicia, moi descoñecido ata o momento, se converta no máis occidental da Europa continental e se abra a porta á comercialización das novas variedades recoñecidas. Apostando por cultivar estar oliveiras autóctonas, e acadando produción dabondo, os olivareiros poderán empregar a denominación “Brava galega” e “Mansa galega” nas etiquetas dos seus aceites embotellados.

Oliveiras autóctonas.
Oliveiras autóctonas.

A día de hoxe un dos colectivos que máis se está movendo na caracterización das variedades autóctonas é APAG, Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia. Esta entidade naceu no 2014, reúne arredor de 80 soci@s e, entre outros obxectivos, traballa por promover e fomentar a plantación de oliveiras e a produción de aceite en Galicia.

Achegámonos ao Val de Quiroga e falamos con Julio Quiroga, socio da empresa Ouro de Quiroga, e membro de APAG.

Cando naceu a empresa e con que intención?

Nace en 2014 como resposta ao interese dun pequeno grupo de persoas que cremos no potencial do Val de Quiroga-San Clodio pola calidade dos seus produtos, dentro dos cales se atopa o olivar e o seu froito, a aceituna.

Julio Quiroga de 'Ouro de Quiroga'.
Julio Quiroga de 'Ouro de Quiroga'.

Estades recuperando oliveiras autóctonas e introducindo tamén variedades de fóra?

A aposta sempre foi polo noso, cremos que é un elemento diferenciador. Que quero dicir con isto? Todos sabemos que de 25 anos para aquí na nosa zona plantáronse oliveiras pero na súa maioría de variedades foráneas. "Os vellos" coñecían unha serie de variedades que chamaban "mansa" e "brava” pero como non había quen as comercializara e había outras máis produtivas a xente apostou polas de fóra. Nós estamos a apostar por variedades de aquí e estamos a viveirar novas oliveiras de árbores antigas para poñer nas novas plantacións ou nas faltas das vellas plantacións. Aparte estamos a recuperar oliveiras case milenarias, moitas delas que quedaron abandonadas e cubertas polo monte. Como obxectivo marcámonos traballar co tempo só variedades autóctonas e poder separar e mesturar en distintas porcentaxes as variedades autóctonas o que pode implicar a comercialización de distintas liñas de aceite.

Este ano adiantouse moito a recollida, a que se debe?

Cerca de mes e medio foi o que se adiantou... en novembro estaba practicamente recollida a produción. O cambio climático é un factor que está presente xa. Pasou sobre todo co viñedo e co oliveiral; un ano moi seco con nulas precipitacións e días de moito sol son factores que influíron enormemente.

Como foi a colleita e que cantidade de litros esperades comercializar?

Este ano foi bastante ben, estaremos en torno os 2.000 litros entre as dúas liñas de aceite que comercializamos.  

Como e onde comercializades o voso aceite? O prezo é un atranco para a súa venda?

Comercializámolo directamente e tamén en tendas especializadas, tendas gourmet, tanto a nivel local como nacional. Os volumes son tan pequenos que non está a resultar difícil darlle saída. Ademais, en canto a xente lle fas saber da peculiaridade e diferenciación dos nosos aceites (sobre todo da liña autóctona) é un valor engadido para a venda.

Hai potencial na zona de Quiroga para medrar e para que entre competencia?

O sector en Galiza está por desenvolverse, na nosa zona pola tradición xa son varias as empresas que están a elaborar aceite e probablemente aparezan máis. A competencia san sempre é boa.

Aceite de 'Ouro de Quiroga'.
Aceite de 'Ouro de Quiroga'.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 Arbequino

Ao meu entender, o de simple consumidor, o aceite galego é de bastante boa calidade. Non como a do catalán ou aragonés, pero equiparable á media do andaluz. Pero é moito máis caro. Prezo e calidade son as cualidades fundamentais. O etiquetado é cuestión secundaria.

1 Rosa De Salceda

Logo, segundo ti, que sexa galego é secundario. Conclusión: cae toda a propaganda da novidade do presunto 'aceite galego'. E sabendo que é más caro que outros moitos de calidade semellante, pois nada que noticiar!

2 Xan do Can

Apostas polo noso, polo autóctono, polo elemento diferenciador... E escolles unha língua de fóra para etiquetar? Logo nada che importa o auténtico, a orixe ou a terra! Pois se quero bon aceite etiquetado en galego internacional teño só que pasar a raia, e para aceites de calidade españois tampouco preciso rebuscar en quen renega do país. Se xa temos experiencias, nada que descubrir: hai viños etiquetados en galego que se venden en USA, London, Moscova, Paris ou Madrid... sen complexos! Logo pouco acreditades no noso!

1 Sueiras

Boa observación. Seguimos a pensar que en castelán vende mellor e non é así: o auténtico vende mellor e o auténtico está en galego.

2 en galego presta

Exactamente, a etiquetaxe en galego e simbolo pola normalización e de recoñecemento da nosa calidade, sabendo que e produto do pais e bo. Como ben dis, podese mercar produtos de diferentes paises con diferentes etiquetaxes (inglés, alemán, francés, portugués) asi como eles tamén poden mercar en galego, catalán, español. O que fan ao facelo en español e pensarmos que a saber de onde é, ata que temos que ler a letra pequena. Pono en galego e xa o sabemos!

3 sermos galiza

Vaia... resulta que "OURO" e castelán... e crear unha empresa con sede en Galicia, apostando polo rural galego, poñendo en valor un patrimonio esquecido... iso e non apostar por Galicia... pero cruzar a raia para mercar aceite etiquetado en portugués e facer patria e non renegar do país. Así nos vai... Ti si que acreditas no noso!

4 Xan do Can

O patrimonio deféndese de xeito completo ou renúnciase a el. Así de claro, o legado acéptase íntegro ou renuncias. Non hai o de 'collo o que me peta'. No caso que nos ocupa, hai unha evidente escolla: renegando do elemento patrimonial diferenciador base dos galegos que é o idioma propio. Outro día falamos de onde se desenvolve o galego (non podemos pasar a esa materia cando non superaches o básico). Por certo, parabéns pola liña da nova Sargadelos, agora que Rosa Díez é a musa , http://www.sermosgaliza.gal/articul..., que na pasada semana tan ben propagandeaba Galicia Confidencial e algún galeguiño despistado aplaudía... Que lles faga un bote para o aceite e o difunda aquela que se riu en público dos galegos!

1 cesc

Haberá que probalo.