Galicia, entre as autonomías con máis pobreza enerxética

Un estudo da Universidade do País Vasco sitúa o noso país como unha excepción no norte de España, con índices de pobreza enerxética similares aos das rexións do sur.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/01/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia é, xunto coa zona sur de España, a rexión con máis pobreza enerxética no Estado. Así o conclúe un estudo realizado por dúas investigadoras da Universidade do País Vasco, do Departamento de Matemática Aplicada e do Departamento de Organización de Empresas. Os resultados da investigación poñen de manifesto que a pobreza enerxética en España aumentou entre os anos 2004 e 2015.

Julio Ramírez, 'okupa' no Barrio do Cura en Vigo
Julio Ramírez, 'okupa' no Barrio do Cura en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Os datos do estudo, titulado 'Counting energy poverty in Spain between 2004 and 2015', publícanse na revista científica Energy Policy. As súas autoras, Oihana Aristondo e Eneritz Onaindia, mediron a pobreza enerxética por rexións en España entre 2004 e 2015, usando tres indicadores de accesibilidade enerxética: a capacidade de manter o fogar adecuadamente quente, os atrasos nas facturas de servizos públicos (electricidade, auga, gas) e a presenza dun teito con pingueiras, paredes húmidas ou xanelas podrecidas.

Os resultados indican que a pobreza enerxética en España empeorou entre 2004 e 2015. Especificamente, as áreas rurais e as rexións do sur mostran os valores máis altos de pobreza enerxética, xunto con Galicia.

"Podemos pensar que como as rexións do sur son as máis cálidas, deberían sufrir menos pobreza enerxética. Con todo, este resultado pode ser unha consecuencia da pobre eficiencia e a falta de sistemas de calefacción adecuados no inventario de vivendas destas rexións", explican as autoras, que estiman que "as rexións máis frías son máis conscientes da importancia do mantemento do seu fogar relacionado coa electricidade e a calefacción":

GALICIA, UNHA EXCEPCIÓN NO NORTE

Con todo, Galicia é unha excepción. Nos mapas rexión por rexión elaborados polas investigadoras obsérvase que as comunidades autónomas enerxéticamente máis pobres en 2004 eran Galicia, no noroeste, e Murcia no sueste. Dúas rexións en polos opostos e con climas completamente diferentes. 

Mapa da pobreza enerxética en España nos anos 2004, 2010 e 2015
Mapa da pobreza enerxética en España nos anos 2004, 2010 e 2015 | Fonte: Energy Policy 113 (2018) 420–429.

Entre 2004 e 2015 Galicia deixou de ser a autonomía con máis pobreza enerxética xunto con Murcia. Con todo, mantívose entre as comunidades cos peores resultados, tanto no mapa de 2010 como no de 2015, canda as rexións do sur de España. De feito, a situación da pobreza enerxética de Galicia contrasta coa situación de todas as comunidades do norte e máis Madrid, que mostran sempre valores de pobreza enerxética máis baixos cós galegos.

Hai que lembrar que o informe do Valedor do Pobo de 2016 situaba nun 15,4% os fogares galegos en pobreza enerxética.

No mapa de 2010, Murcia, Andalucía e Estremadura son as que rexistran os peores valores. Mentres que no último mapa elaborado polas investigadoras, correspondente a 2015, obsérvase que son Castela A Mancha e as Illas Canarias as comunidades máis afectadas pola pobreza enerxética. 

A nivel global, a porcentaxe de persoas pobres diminuíu entre 2004 e 2008, ano no que comezou a crise económica. Nos seguintes anos, esa tendencia mudou e a pobreza enerxética aumentou ata acadar un valor máximo en 2014 dun 11,03% de persoas pobres, segundo os resultados deste estudo.

Os datos mostran tamén que nas áreas intermedias e escasamente poboadas a pobreza enerxética é máis alta que nas densamente poboadas, de 2004 a 2007. Pero isto cambiou en 2008 cando se acadou o valor mínimo de pobreza enerxética e a porcentaxe de xente pobre en áreas densamente poboadas era un pouco máis alto. Entre 2009 e 2015 a tendencia mudou novamente e nas zonas intermedias e escasamente poboadas a porcentaxe de xente pobre volveu ser maior que nas áreas densamente poboadas, coa excepción de 2013.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Luis Ferrolán do Pisco

A pobreza e comtaxiosa e a veces adquirida como en este caso, Umha sociedades se- moventes, paralizados,que eligen como gobernantes a un fato de inutiles maordomos dos caciques estatales....España terra de años analfabetos a Rexión Galega, tamben .....años et analfabetos.....pero duplados .......fozade na bosta...que Eu xa mirarèi donde podo os pés.

2 nandiño

Deanlle as grazas a Endesa As Pontes e a Reganosa

1 Chupiguay

Que eufemismos máis molones te inventan los podemitas y sus aliados mareantes: é pobreza de toda a vida ou non?

1 Agencias

Por non falar de Galicia como autonomía, como si fósemos a rexión de Murcia, ou Ceuta e Melilla. Os mareistas sonche así de perralleiros.

2 Anonymous

Nivelón de comentarios. Xa a sensibilidade deixámola para outra ocasión, pra as bandeiriñas e fronteiriñas. Que mágoa de xente, Chupiguay e Agencias, que mágoa de comentarios... Canta ignorancia e canto mirar pra o embigo de un. Que noxento levar as desgrazas doutos ao teu interese...Malditos trolls, malditos sexades!

3 Chuipiguay

Mágoa, por que, por que non lle chamas as cousas polo seu nome. http://www.jrmora.com/blog/2016/11/... Supoño que ti tamén serías dos que falarías de danos colatarerais... Mágoa dáme que unha persoa que semella ter algún tipo de sensibilidade de esquerdas se deixe tomar o pelo polos que só aspiran a ser o próximo relevo do PSOE esquecendo ata calquera leve defensa do republicanismo e do federalismo. Non che dixeron aínda que as seitas son malas e que hai que aprender a pensar por ti mesmo ou mesma? Aos mozos estanvos a enganar, ides ter un futuro terrible e tragades ata cos eufemismos máis simples. Quen debería dar mágoa?

4 Antónimo

Non sabía que a "Universidade do País Vasco, do Departamento de Matemática Aplicada e do Departamento de Organización de Empresas" eran das Mareas de Podemos? Que lectoras máis suspicaces! Ou que multinick máis obsesionada polas Mareas de Podemos, para salvar a seita rival (BNG, claro), que xoga cun tema sensible como é a pobreza para atacar a quen lle fai sombra! Mágoa de miseria económica dos galegos expoliados, e maior lástima da pobreza moral da repetitiva comentarista, a enorme miseria humana das embaucadoras multinick vendidas a quen lles paga a merenda!

5 Xan do Can

A kollona é así, disculpade a troll-fantástica do BNGUAI, que non é pero parece, co postureo cara a progresía do PsoEspañol que tan ben alimenta aos do BNGuai que se deixan querer e deixan facer... Hai sistema e hai troll a soldo!