Temas: KIWI

Galicia segue líder en produción de kiwi

É a maior produtora deste froito en España, con máis de 16.000 toneladas anuais.

Por E.P. | VIGO | 05/01/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Galicia mantense como a principal área produtora de kiwi de España, con máis de 16.000 toneladas anuais cultivadas nunha superficie que rolda as 700 hectáreas, e un total de 87 explotacións que se dedican á produción tanto de kiwi como de amorodo e arando.

Kiwi galego
Kiwi galego | Fonte: Europa Press

Do total de explotacións das que se ten constancia a Consellería de Medio Rural, 48 corresponden ao kiwi, seguidas de 27 de amorodo, e outras 12 de arando.

Por provincias, estas producións localízanse "claramente" na fachada atlántica, con case o 90 por cento do total, polas súas condicións climatolóxicas. Así, na Coruña hai 39 cultivos e en Pontevedra 36, mentres que en Lugo hai 7 e en Ourense 5.

O caso do kiwi é "paradigmático" neste sentido, pois máis da metade das explotacións (27) están en Pontevedra e A Coruña suma 16, mentres que Lugo ten cinco e Ourense ningunha.

A Xunta, que lembra que o cultivo de kiwi se iniciou en España en 1969, concretamente en Gondomar e Tui (Pontevedra), manifestou que en Galicia hai dúas organizacións profesionais de froitas e hortalizas (Horsal e Kiwi Atlántico) e no caso dos arándanos destacou a explotación Horticina.

Temas: KIWI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta