Lembranza de Valle-Inclán, unha das iconas de Compostela

Santiago celebra cun acto en Boisaca o 82 aniversario da morte do escritor, coa presenza de representantes da Xunta e do Concello compostelán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Compostela lembrou outra volta a unha das súas "iconas", o escritor Ramón del Valle-Inclán, de cuxo falecemento nun sanatorio da capital galega cúmprense 82 anos este 5 de xaneiro. O acto, que se celebra cada ano, tivo lugar no cemiterio de Boisaca, camposanto onde descansan os restos do autor nado en 1866 na localidade de Vilanova de Arousa.

Ofrenda floral a Val-Inclán no 82 aniversario da súa morte
Ofrenda floral a Val-Inclán no 82 aniversario da súa morte | Fonte: Europa Press

Nel, xunto a outras personalidades, participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que coincidiron en destacar a Valle-Inclán como unha figura capaz de tender "pontes" e "unir" as diferentes sensibilidades da sociedade de Galicia.

O 6 de xaneiro 1936, Ramón do Valle-Inclán recibiu sepultura no cemiterio de Boisaca logo dunha longa enfermidade. Tanto os últimos días do escritor como o seu enterro acumulan lendas que foron desmontadas hai uns anos por unha investigación levada a cabo por Manuel Alberca e o sobriño do autor, Joaquín del Valle-Inclán, tamén presente este venres no camposanto compostelán.

LEGADO CON "PLENA VIXENCIA"

O vicepresidente da Fundación Vale-Inclán, José Juan Durán, destacou que o "espectacular" legado do autor galego ten "plena vixencia" hoxe en día e que, por tanto, a tarefa de difusión da súa figura debe continuar axuntando ao "conxunto de colectivos" da sociedade de Galicia.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura remarcou que "moi poucos autores tiveron a transcendencia" que ten Valle-Inclán para as letras de Galicia e España como "icona" da literatura en castelán e pai dun xénero: o esperpento.

Así mesmo, logo de lembrar que a primeira versión en galego da obra 'Martes de Carnaval' reuniu este ano a máis de 6.000 espectadores en 33 funcións, Rodríguez apuntou que Valle-Inclán "mantense como un clásico" capaz de "tender pontes no conxunto de Galicia".

O Centro Dramático Galego (CDG) levará este ano aos teatros unha nova representación en galego doutra das obras máis importantes de Valle-Inclán. A versión en lingua galega de 'Divinas Palabras' será estreada nos próximos meses, segundo adiantou Román Rodríguez.

"UN ANTES E UN DESPOIS PARA SANTIAGO"

Para Martiño Noriega, Valle-Inclán supón "un antes e un despois" tanto para a cultura galega como para a cidade de Santiago, onde residiu boa parte da súa vida. "Compostela non se explica sen Valle", apostilou.

Así, o rexedor santiagués incidiu en que "o discurso mordaz como espazo de incomodidade" do creador de 'Luces de Bohemia' é na actualidade "máis necesario que nunca".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Cinismo

Mal escritor peor persona

2 Anti...

Caralliño da fonda!!! Falei da parentela non do autor. O título de Brandomin deullo e rei de castela no 1981 e é tan imaxionario coma as suas novelas. Brandomil é unha partoquia de Vimianzo onde xamais houbo marqués. Castelao fixo a millor caricatura dil, a admiración era mutua non unilateral e a tradución sería perfeita xa que il en castelan tiña tódolos xiros da lingua galega. Non escribía en hebreo ou arameo.

1 Anti...

Agardo que non estivera a parentela que proibiu perante moitos anos a sua a presentación en ningunha lingua do estado español que non fora o castelán de castiella.

1 Cipollina en Tabernia

Non acho que teñas razón, en realidade Valle era difícil de traducir porque a súa lingua era moi propia, un castelán inzado de galeguismos... De feito, Castelao, admiraba moito ao gran Don Ramón. https://www.lavozdegalicia.es/notic... Deixade de ser seitarios. A lingua en Divinas Palabras, por exemplo, está totalmente unida ao texto, traducila é traizoar o espírito de Valle e ben sei que os seus protagonistas falarían en galego. Moito mellor sería lelo e deixarse de lerias sobre traducións.