Eutanasia para un cabalo que o dono mantiña moribundo e aprisionado nun cortello

O seu dono, un rapaz de 26 anos de Barro, está sendo investigado por un delito de maltrato animal e deberá comparecer no xulgado de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 05/01/2018 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Moribundo e aprisionado. Así atopou a Garda Civil un cabalo en Barro tras unha alerta no 062. O seu dono, un mozo de 26 anos que o tiña en avanzado estado de desnutrición e en condicións precarias nun cortello, está a ser investigado por un delito de maltrato animal.

O cabalo moribundo atopado pola Guardia Civil en Barro.
O cabalo moribundo atopado pola Guardia Civil en Barro. | Fonte: Guardia Civil Pontevedra

O instituto armado, a través do Seprona, recibiu unha alerta a través do teléfono na que se informaba das críticas circunstancias nas que se atopaba o equino. O animal estaba nunhas deplorables condicións hixiénico-sanitarias nun galpón en ruínas contiguo á vivenda do seu propietario no concello de Barro.

O cabalo estaba semienterrado no seu propio esterco e coas patas dianteiras aprisionadas entre o muro que facía de peche e un dos postes do enreixado da cuadra.

Coa axuda de varios veciños, os axentes lograron rescatar o animal e procuráronlle as primeiras atencións ata a chegada dunha veterinaria que, finalmente, decidiu sacrificalo para evitarlle o sufrimento que estaba a pasar.

O propietario do cabalo, A.G.A, un mozo de 26 anos veciño de Barro, recibiu xa a notificación de investigado e deberá comparecer no xulgado de instrución de garda de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Os de sempre son os de sempre

Cando chegue, con metelo no memso cortello e esperar a que teñamos que poñerlle a "pincha", listo.