A loita de Feijóo para que o Celta marchase de Vigo

Abel Caballero pide explicacións ao presidente da Xunta e ao PP por ter feito “todo o que puideron” para que o Celta se fose de Vigo. “Confunden a cidade con Abel Caballero, e non queren que lle vaia ben”, denuncia.

Por gcdeportes | Vigo | 05/01/2018 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, ten claro que Alberto Núñez Feijóo e o PP fixeron todo o posible para tentar que o Celta marchase de Vigo. Este venres, denunciouno outra volta: "Feijóo e o PP fixeron todo o que puideron para que o Celta se fose de Vigo", e pediu explicacións á Xunta polo seu proceder e polo feito de que non dedica "ni un só euro" á reforma do estadio municipal de Balaídos.

Bancada de Balaídos xa rematada para o Celta-Baarça de Copa.
Bancada de Balaídos xa rematada para o Celta-Baarça de Copa. | Fonte: xornal.vigo.org

O rexedor vigués respondía deste xeito as críticas do Grupo Popular vigués sobre o retraso e o custo engadido na obra do estadio, e asegurou que "no fondo, o que o PP quería é que non se reformase e que o Celta se fose de Vigo". E denunciou: "É o que queren Feijóo e o PP, non toleran que á cidade lle vaia ben, confunden a cidade con Abel Caballero e non queren que lle vaia ben”.


Segundo Abel Caballero, tanto a Xunta como o PP vigués “teñen que explicar por que tentaron que o Celta” marchase de Vigo e "por que (o Goberno galego) non dedica ni un só euro á reforma do estadio".

En troques, o alcalde admitiu que o recurso administrativo presentado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia sobre a licitación das obras de reforma das bancadas de Gol e Marcador pode supor “un retraso moi lixeiro" na execución da reforma. "O PP alégrase”, insistiu, e arremeteu contra o concelleiro e senador popular Miguel Fidalgo, por asegurar no seu día que o Celta tería que xogar noutro estadio por mor dos retrasos nas obras: "No PP, aos inútiles políticos os premian e os fan senadores, a alguén que dixo que o Celta tería que ir xogar a Porto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 FRODSNA

Francia Ligue 1 - Dito así con ese acento de "soy gallego pero a ver si no se me nota, ay no que soy de vigo, oistes?" . Qué noxo!

1 Alén

Dito así con ese acento de "soy gallego pero a ver si no se me nota, ay no que soy de vigo, oistes?" . Qué noxo!