Temas: LOTARíA

O segundo premio do 'Neno' toca a Galicia

O 18.442, segundo premio do sorteo do Neno premiado con 75.000 euros o décimo, caeu en seis municipios galegos: A Coruña, Ferrol, Burela, O Porriño, Guitiriz e de novo en Vilalba.

Por E.P. | Compostela | 06/01/2018 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O segundo premio do sorteo do Neno, o 18.442, con 75.000 euros o décimo, caeu en seis municipios galegos: A Coruña, Ferrol, Burela, O Porriño, Guitiriz e de novo en Vilalba, no que o Gordo deixou o pasado día 22 unha choiva de millóns.

Decimo Loteria do Neno 2018
Decimo Loteria do Neno 2018 | Fonte: Europa Press

O número 5.685 foi agraciado co 'Gordo' do Sorteo Extraordinario de 'O Neno', dotado con 2 millóns de euros por serie. O número foi consignado na administración de lotarías número 19 de Bilbao.

O segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie, foi para o número 18.442, que foi vendido en distintas provincias, entre elas Alacante, Almería, Álava, Asturias, Badaxoz, Barcelona, Burgos, Cádiz, Cidade Real, Córdoba, A Coruña, Guipúzcoa, Granada, Huelva, Xaén, As Palmas de Gran Canaria, Lugo, Madrid, Murcia, Navarra, Pontevedra, Tenerife, Valencia e Zaragoza

Mentres, o terceiro premio foi para o número 23.282, dotado con 250.000 euros por serie, que foi vendido na administración de Lotarías número 1 de Yecla (Murcia).

Temas: LOTARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta