Temas: INDITEX

Cada galego, 106 euros en roupa nas rebaixas

As marcas do Grupo Inditex, líderes no cosumo de roupa e complementos no periodo de descontos que chega aos comercios este domingo. O gasto dos galegos en moda, por riba da media.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2018 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

As rebaixas, que arrincaron 'online' en moitas marcas xa na noite do sábado, chegan aos comercios este domingo, 7 de xaneiro, e os galegos prevén gastarse uns 106 euros, por riba da media española.

E é que os españois destinarán unha media de 97 euros en comprar roupa e complementos nas rebaixas de inverno, fronte ao gasto de 90 euros que se fixo en decembro, segundo se desprende do Estudo Fintonic 2018 'O consumo de moda en España', que analiza a actividade das principais cadeas de distribución de moda en España durante o último ano, así como os hábitos de consumo no sector.

En concreto, a análise amosa que o maior gasto en roupa e complementos farase nas marcas do Grupo Inditex, que adiantaron a súa campaña de rebaixas ao Día de Reis, o 6 de xaneiro, ás 22.00 horas vía 'online', segundo informaron fontes da compañía a Europa Press.

Así, o gasto que se realizará en insignias como Zara, Bershka, Oysho, Stradivarius ou Massimo Dutti suporá unha media de 88 euros, moi superior aos 56 euros do Grupo Cortefiel, os 50 euros que se investirán tanto en Mango como en Primark, os 48 euros de Kiabi, os 43 euros de H&M e os 36 euros de C&A.

Respecto ao gasto por comunidades, os máis consumidores atópanse no País Vasco que, cunha media de 137 euros, son os que máis diñeiro destinan á adquisición de roupa e complementos nesta época, seguidos por madrileños, con 110 euros, e galegos, con 106 euros.

Pola súa banda, os residentes en Castela e León, nas Illas Canarias e na Rioxa son os que menos gastarán en rebaixas cun investimento medio de 84 euros.

Zara coróase como a principal marca case indiscutible en todas as comunidades en termos de gasto medio. Só é superada en número de usuarios por Primark nalgunhas zonas como Baleares, Murcia ou A Rioxa.

Unha tenda do Grupo Inditex ren rebaixas.
Unha tenda do Grupo Inditex ren rebaixas.

Temas: INDITEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario