Homenaxe a un reconstrutor da patria

Flores, dúas pombas e unha cesta de mazás para conmemorar o sexto aniversario da morte do intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, nun acto no cemiterio de Boisaca que se pechou coa 'Marcha do Antigo Reino de Galicia'.

Por E.P. | Compostela | 07/01/2018 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Este 5 de xaneiro cumpríronse seis anos da morte do intelectual, editor e empresario galeguista Isaac Díaz Pardo. Nun acto celebrado este domingo no cemiterio de Boisaca da capital compostelá, rendéuselle homenaxe cunha ofrenda floral acompañada dunha cesta de mazás e dúas pombas.

Homenaxe de Isaac Díaz Castro no cemiterio de Boisaca de Santiago
Homenaxe de Isaac Díaz Castro no cemiterio de Boisaca de Santiago | Fonte: Europa Press

"Non se lle fai unha homenaxe a ninguén en Galicia" como se lle fai a Díaz Castro, asegurou o catedrático emérito da USC e expresidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que resaltou que foron dous nenos, "que aínda non perderon a inocencia", os que realizaron as ofrendas.

Así, o filólogo e escritor explicou que as dúas "pombas da paz" e a cesta de mazás son elementos mencionados no poema do escritor Lorenzo Varela 'Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados', dirixido "á decencia e á memoria viva dos que fixeron algo polo país", que leu a escritora Olivia Rodríguez.

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, erixiu a Díaz Pardo nunha persona "con moitísimas facetas" que dedicou "toda a súa vida, a súa creatividade e o seu xenio" a crear un "país con outras estruturas e moitas posibilidades" en momentos "moi difíciles".

"Todos os que tivemos a fortuna de coñecelo soubemos como Isaac foi unha persona constante, íntegra, con moitísima capacidade de comprensión e de análise", valorou o secretario xeral, que tamén asegurou que Galicia "non ten moitas oportunidades de honrar a personaxes como Díaz Pardo", posto que é, nas súas palabras, unha figura "única".

"RECONSTRUTOR DA PATRIA"

Neste sentido, o actual directo da RAG, Víctor Fernández Freixanes, cualificou a Díaz Pardo como "reconstrutor da patria despois do desastre da Guerra Civil e dun momento de tanta depresión e tanta derrota".

E é que, segundo explicou o tamén escritor e editor, durante o franquismo, o empresario conectou con "toda a enerxía" dos exiliados en Bos Aires (Arxentina) e puxo en marcha o proxecto do grupo industrial da cerámica Sargadelos. Para Freixanes, é "un dos proxectos máis brillantes" que, xunto á editorial Galaxia, "mantiveron o alento de esperanza" durante as décadas dos 50, os 60 e os 70.

No acto, presidido por dúas grandes bandeiras, a galega e a española republicana, interviñeron tamén os escritores Afonso Vázquez Monxardín, María do Cebreiro e Claudio Rodríguez Fer, entre outras personalidades da literatura galega.

Pola súa banda, o amigo do intelectual Clodomiro Montero, destacou o seu carácter "republicano", "de esquerdas" e un galego "único" do século XX dos que Galicia "tería que ter 1.000".

O evento clausurouse coa interpretación, por parte do grupo de gaitas Os Catro de Vigo, da Marcha do Antigo Reino de Galicia e da canción Grândola, Vila Morena, un dos himnos da Revolución dos Caraveis de Portugal no ano 1974.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 XOAN O BAPTISTA

outro sacrilexio dos comunistas expañolentos, ... agora pretenden mudar o himno galego, pretenden sacar varias verbas que denuncian a opresión na Galiza, xa chegaron a acordos o cenáculo do AGE (asamblea galega española) e o pepeiro... o himno galego rematara co VIVA EXPAÑA!!!. Deus esta enfadado nos ceos, por iso manda as pragas, o lume onte o xeo hoxe, coa colaboración do malévolo RUEDA VALENCIANO, xefe de dala do 1-1-2, milleiros de galegos foron atrapados na autoestrada durante ducias de horas, logo viran mais pragas, as chagas sanguiñentas, o pelo caendo a cachons, os animais morrendo, a miseria establecendose na nosa terra e o final a terra abrirase en gran terremoto e o ínclito xefe de sala do 1-1-2 os mandara a refuxiaros nas praias e enton vira un-ha onda de 27 metros e os afogara a todos!!!! prega a Deus para que desaparezca o maligno expañolento da faz da nosa terra!!!-