Temas: MAR TRANSPORTE

Mantense a alerta pola presenza duns 40 contedores á deriva fronte a costa galega

O buque 'MSC Eloane' perdeu parte da súa carga a unhas 40 millas da costa galega o pasado venres.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/01/2018 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Salvamento Marítimo mantén a alerta a embarcacións e navegantes polos riscos que podería levar para a navegación a presenza duns contedores á deriva fronte á costa galega, segundo informou un portavoz deste departamento.

O buque 'MSC Eloane'
O buque 'MSC Eloane' | Fonte: Kees Torn.

O portacontedores 'MSC Eloane' deu aviso na noite do venres da perda desta carga, cando se atopaba próximo ao dispositivo de separación do tráfico de Fisterra. Trátase de entre 30 e 45 contedores que se se caeron por un golpe de mar, pero que non conteñen "mercadoría perigosa", precisaron desde Salvamento Marítimo.

Polo momento, non se localizou ningún dos contedores, aínda que se fixo unha simulación sobre a deriva que poderían levar. Tamén se mobilizou ao avión 'Sasemar 102', aínda que sen ningún resultado por agora.

Por parte de Salvamento Marítimo encargáronse de alertar a embarcacións e navegantes para que extremen as precaucións xa que os colectores, dun tamaño de 40 pés, "poden supor un perigo para a navegación", subliñaron.

Temas: MAR TRANSPORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Javier Marín

Disculpen por comentar en Español, pero no se mucho Gallego. Tan solo me gustaría decir que nosotros tenemos una web de venta de contenedores marítimos y es muy frustrante poder perder parte de la carga de un buque cargado de containers. Espero que este tema sea arreglado lo antes posible, ya que es una mala noticia.