"Suplir a irrelevancia política" de Feijóo, prioridade de En Marea en 2018

Villares anuncia que o partido focalizará o seu esforzo na "xustiza social", o "emprego digno" e a cohesión territorial. Censura a "tomadura de pelo" da comisión de incendios e avanza que defenderá a súa alternativa "dentro e fóra" do Hórreo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2018 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, puxo no foco de "prioridades" do seu Grupo para o novo ano que arrinca en "suplir a irrelevancia política" do presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feijóo, así como a súa "incompetencia" e "abandono" de Galicia. Para iso, defenderá a "xustiza social", o "emprego digno" e a cohesión territorial.

Almorzo En Marea
Almorzo En Marea | Fonte: Europa Press

Tras un almorzo informativo no que tamén participou a viceportavoz do Grupo, Carmen Santos, Villares reivindicou "o compromiso decidido" de En Marea a favor de "unha xustiza social" que se traduza na "mellora" das condicións de vida dos galegos, un sistema sanitario "digno" e o fin da pobreza enerxética.

"Para iso presentaremos iniciativas nas próximas semanas", avanzou, á vez que defendeu a necesidade de "garantir emprego digno" fronte a unha elevada "precariedade" laboral, con traballos que "non xeran valor engadido" nin frean a "emigración xuvenil", ademais de "frustrar as expectativas de exercer unha maternidade ou paternidade responsables" e favorecer "o declive poboacional".

E é que, ao seu xuízo, a "única maneira" de revitalizar a demografía é "garantir os servizos sociais e o emprego con dereitos".

COHESIÓN TERRITORIAL

Así mesmo, Villares explicou que o seu grupo se centrará en reivindicar a "cohesión territorial" en Galicia e tachou de "tomadura de pelo absolutamente irresponsable" o deseño final da comisión de incendios activada na Cámara e na que, ao seu modo de ver, "habería que falar de territorio no seu conxunto".

Tras a vaga de incendios de outubro, explicou que En Marea promoveu varios encontros comarcais explicando "cal é a alternativa territorial" da formación. Continuará facéndoo noutras comarcas afectadas polos lumes, pero tamén irá ás cidades e, finalmente, achegará as súas conclusións na comisión parlamentaria de estudo.

"Sabemos que no PP non van aceptar nada do que lles digamos porque se cren en posesión da verdade absoluta, pero non a teñen. Só teñen unha maioría que alcanzaron ano e medio", reflexionou, convencido de que, se as eleccións se producisen agora, os resultados dos populares serían distintos porque "a xente está decepcionada".

"DENTRO E FÓRA" DA CÁMARA

"Votaron ao PP, pero non querían que lles quitasen o médico ou os deixasen sen transporte escolar, ferroviario ou de mercadorías; non querían irrelevancia política", constatou, antes de concluír que, para ter "significancia política" é necesario o impulso de En Marea.

Con tal fin e retos da relevancia do financiamento autonómico, os membros da forza rupturista traballarán "dentro e fóra" do Parlamento.

E é que á marxe de traballar na Cámara autonómica, "cunha maioría absoluta" dos populares, a quen Villares ve "ebrios dunha maioría absoluta que lles impide non só chegar a acordos senón escoitar aos cidadáns", En Marea sairá a "explicar a súa alternativa por todo o territorio galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 PASTELERIA PODREIRA

que ven viven os mareados de podreiros, todo son pasteliños finos, todo e conto e mais conto, o podreiros meteu o pepeiro a gobernar, na galiza coa operación -VIEIRAS (o vello de oitenta e cinco co seu maldito AGE -asamblea galaico española- foi o "petain" das dereitas pepeiras, fixo a política do pepeiro e deulle argumentos o pepeiro para seguir e seguir, o que fixo Waldo das jons en expaña o chamado coletas pableiras foi meter o pepeiro un ano gratis total no gobernó e logo entronizar o pepeiro coa excusa de impedir a dereitización do pe$oe (de feito foi dereitizado pola acción política antipactos do podreiros) A FOTO E UNHA MOSTRA BEN CLARA DO QUE E A POLITICA EN PODREIROS .... PASTELEO DESCOMUNAL E SUBIDON DE SUCRE ATA O PAROXISMO HIPERGLUCEMICO E TENDENCIA A DIABETES MORBIDA

1 Edelmiro

Podedes ir a SÁLVAME DELUXE como fixo a "esquerdista" Ada Colau. É o voso territorio: O meu territorio é SÁLVAME DELUXE! Eu si fora vós, faría iso. Co nível do votante medio de EN MAREA non o verían mal. Veriano "normal". Só poderiades ganar votos. Perder votos, non, co voso tipo de votante. Cada vez máis semelhante ao votante medio do PP malio PSOE.